Francesca Paola Albanese, nada en Ariano Irpino (Avellino, Campania) o 30 de marzo de 1977, é unha avogada e académica internacional italiana. O 1 de maio de 2022 foi nomeada relatora especial das Nacións Unidas para os Territorios Palestinos ocupados por un período de tres anos, que foron posteriormente renovados por outro tres. É a primeira muller en ocupar devandito cargo.
Traxectoria Ten unha licenciatura en dereito con honras da Universidade de Pisa e unha mestría en dereitos humanos da Universidade SOAS de Londres, e está a completar o seu doutoramento en Dereito Internacional dos Refuxiados na Facultade de Dereito da Universidade de Ámsterdam. É bolseira afiliada no Instituto para o Estudo da Migración Internacional da Universidade de Georgetown, asesora principal sobre migración e desprazamento forzado na organización sen fins de lucro Renacemento Árabe para a Democracia e o Desenvolvemento (ARDD), e investigadora no Instituto Internacional de Estudos Sociais da Universidade Erasmus de Róterdam.
É unha firme opositora da ocupación israelí de Palestina, recomendou no seu primeiro informe que os Estados membros da ONU desenvolvan «un plan para pór fin á ocupación colonial israelí e ao réxime de apartheid». Despois da invasión israelí da Franxa de Gaza en 2023, Albanese pediu un cesamento do fogo inmediato e advertiu que os palestinos en Gaza corrían o risco dunha «limpeza étnica masiva». O 26 de marzo de 2024, informou o Consello de Dereitos Humanos da ONU que as accións de Israel en Gaza equivalían a un xenocidio.
É a responsable do informe no que se denuncia ás empresas que se lucran co xenocidio perpetrado en Gaza, entre elas as multinacionais privadas estadounidenses Alphabet (matriz de Google), Amazon, Microsoft e IBM polo seu papel na vixilancia de Israel, os fondos de investimento BlackRock e Vanguard e empresas de maquinaria e armamento militar.
Notas
Categoría:Activistas polos dereitos humanos Categoría:Alumnos da Universidade de Pisa