miniatura|Unha escrava afro-cubana no século XIX. A escravitude en Cuba formou parte do comercio atlántico de escravos que promoveron principalmente donos españois de plantacións interesados no comercio de azucre. Foi practicada na illa de Cuba dende o século XVI até ser abolido por decreto real o 7 outubro de 1886 e estableceuse que entre 1821 e 1866 foron desembarcados máis de 500 000 africanos escravizados.García Zequeira (2022), p. 71
Historia O primeiro sistema de escravitude organizado en Cuba foi introducido polo Imperio Español, que atacou e escravizou os pobos indíxenas taíno e guanahatabei de xeito masivo. A poboación orixinal de Cuba foi decimada após a chegada dos españois, debido tanto á falta de inmunidade a doenzas europeas (varíola), como ás condicións asociadas ao traballo forzado que foi utilizado polo colonialismo español durante o século XVI. Os taínos restantes mesturáronse con europeos ou escravos africanos e non restou ningún taíno de sangue puro após o século XVII, aínda que moitos cubanos hoxe teñen ADN taíno e son descendentes daqueles taínos mesturados.
Tras a aniquilación nativa da illa, os españois procuraron novos escravos para soster a produción de cana de azucre. Trouxeron a Cuba máis dun millón de persoas africanas escravizadas. A poboación escrava africana superou en número á dos cubanos europeos, e unha gran proporción de cubanos hoxe descende destes pobos escravizados.
Cuba converteuse nun dos maiores produtores de cana de azucre do mundo após a Revolución Haitiana e continou a importar africanos escravizados moito tempo despois de que a súa práctica fose formalmente prohibida a partir do primeiro tratado de abolición hispano-británico de 1817 e, especialmente, a partir do segundo en 1835.García Zequeira (2022), p. 76 Malia todo, a partir do primeiro tratado a escravitude ilegal aumentouGarcía Zequeira (2022), p. 77 e Cuba seguiu a participar no comercio transatlántico de escravos até 1867 empregando diversas mañas como levar varias bandeiras para evitar as inspeccións ou non levar a cabo o desguazamento dos barcos apresados senón proceder á súa vendaGarcía Zequeira (2022), p. 79 para seguir co comercio con outro nome.
Mais, pouco despois, o goberno liberal de Prim, en 1870, estableceu a "liberdade de ventres" pola que os fillos de escravos nacían como ceibes. Porén, a escravitude na illa non foi abolida por España até 1886, o que para algúns significou que foi o derradeiro país en abolila. Debido á crecente presión para deter o comercio de escravos durante o século XIX, máis de 120.000 traballadores chineses, ou culís, foron importados a Cuba para substituír a man de obra africana. O período de maior presenza desta inmigración chinesa foi a partir do real decreto de 1854, aínda que xa comezara con anterioridade.Pérez de la Riva (1971), p. 15
Durante o século XIX, a escravitude cubana foi revitalizada por expatriados franceses, españois e estadounidenses, moitos dos cales se mudaron a Cuba debido á importancia crecente da economía de plantación da illa ou a abolición gradual da escravitude noutros lugares.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Escravitude Categoría:Historia de Cuba