Sabaria foi un territorio semiautónomo, entre os reinos Suevo e Visigodo, nos séculos IV e VI que ocuparía a zona que vai de Benavente a Salamanca e de Sayago a Simancas. Esta autonomía reflectiríase na cuñaxe de moeda propia, pero isto parece ser unha confusión coa ceca visigoda de Senimure-Semure (a Zamora actual)Luciano Pérez Vilatela: "Senimure y Ocelodurum", El Miliario Extravagante, 44, Set. del 93, pp. 10- 13..
Historia As referencias históricas son escasas, pero cabe destacar a nómina de bispos asistentes ao Concilio de Braga en 408, na que constan os bispos de Asturica Augusta, Legio, Salmántica e Sabaria.
No ano 572, o rei suevo Miro ataca a sappos e runcones, nun movemento previo ao ataque contra os visigodos. O ano 573, Leovixildo procede contra os sappos de SabariaCrónica de Juan de Bíclaro: "ANNO VII IVSTINI IMP. QVI EST LIVVIGILDI V ANNVS (...) Liuuigildus rex Sabariam ingressus Sappos vastat et provinciam ipsam in suam redigit dicionem (...)". e conquista a zona, como paso previo á conquista do Reino Suevo.
No ano 576 Leovixildo arrasa a zona (destrución de Sabaria, demolición das fortificacións de Zamora,...) como medida preventiva ante a definitiva conquista do Reino Suevo, aínda que diversos problemas internos aprazan esa intervención ata o ano 585.
A localización do territorio relacionouse con: a mansio Sibarim na vía XXIV do Itinerario de Antonino, entre Helmántica e Ocelo Durii, que adoita identificarse con Torre de Sabre (Zamora). a zona de Tras-os-Montes e Zamora, ao redor do río SaborGuimarães, nº 104 de 1994, pp. 83-107. Jorge L. Quiroga, Monica R. Lovelle., afluente da dereita do río Douro.
En canto aos seus habitantes, fanse descender de: os vacceos. a tribo ástur cismontana dos sappos. a tribo ástur cismontana dos superatios, localizados na zona norte da provincia de Zamora.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sabaria, el reino hispano de población romana olvidado entre suevos y visigodos (en castelán)
Categoría:Gallaecia Categoría:Reino Suevo Categoría:Reino Visigodo