Discina gigas (antes Gyromitra gigas) é unha especie de fungo ascomiceto da familia Discinaceae atopado en Europa.
Considérase unha das "falsas pantoras", debido á súa semellanza e aparición en primavera e inicios do verán en hábitats similares aos das verdadeiras pantorras ou cogomelos de coresma (Morchella ssp.).
Taxonomía
A especie foi primeiramene descrita cientificamente por Julius Vincenz von Krombholz como Helvella gigas. Despois chamouse Giromitra gigas, entre outros nomes, antes de pasar ao seu xénero actual Discina.
Descrición
O chapeu engurrado marrón crece ata os 10 cm de ancho e 6 cm de alto. O pé abrancazado é case tan groso como o píleo, duns 10 cm de longo e de ancho. Ten un himenio liso con adhesión irregular, chapeu convexo, pé espido, impresión das esporas amarela ou beixe, saprófito ou micorrízico.
Especies similares É moi parecida a Morchella ssp. e ás especies do xenero relacionado Gyromitra, no que antes estaba clasificada.
Unha especie moi similar e directamente emparentada é D. montana, que vive en América do Norte e que aparentemente ten esporas máis grandes que as de D. gigas. Aínda que ambas as especies son consideradas comestibles en pequenas cantidades se son debidamente cociñadas, non se recomenda comelas debido á súa semellanza con outras especies máis tóxicas de cogomelos.
Toxicidade
Contén peuenas cantidades de hidrazinas; o seu contido en xiromitrina foi estimado cientificamente por Viernstein et al. (1980) en aproximadamente 1 mg por kg de cogomelo fresco (unhas 1500 veces menor que o de Gyromitra esculenta). Aínda que non se lle apuxeron envelenamentos polo seu consumo, recoméndase fervelo. Algunhas guías clasifícano como comestible se é debidamene preparado. Porén, non se recomenda comelo debido á variabilidade e semllanza con outros fungos máis tóxicos do xénero Gyromitra.
A venda deste fungo prohibiuse en Francia desde 1991 debido á súa potencial toxicidade, cuxos efectos poderían causar unha doenza neurodexenerativa bastante rara chamada esclerose amiotrófica lateral.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Pezizales