Marie-Philip Poulin CQ, nada o 28 de marzo de 1991 an Cidade de Quebec, é unha xogadora profesional de hóckey sobre xeo canadense. Xoga na posición de centro e é capitá das Montreal Victoire da Professional Women's Hockey League (PWHL), así como da selección canadense. En 2025 foi nomeada Xogadora do Ano da IIHF.

Gañadora de tres ouros olímpicos e catro veces campioa do mundo co equipo nacional canadense, Poulin marcou o gol da vitoria no partido polo ouro en tres dos catro Xogos Olímpicos nos que participou (2010, 2014 e 2022), polo que as súas compañeias e a prensa a alcumaron Captain Clutch. Logo doutro gol gañador no Campionato do Mundo de 2021, completou un "hat trick de goles de ouro" sen precedentes nos principais campionatos internacionais. Dende 2015 exerce de capitá da selección canadense, levándoa a conquistar unha prata olímpica en 2018 e unha de ouro en 2022.

A nivel profesional, Poulin ten xogado e capitaneado as agora extintas Les Canadiennes de Montréal da tamén extinta Canadian Women's Hockey League (CWHL), antes de unirse á Professional Women's Hockey Players Association (PWHPA), unha organización sen ánimo de lucro adicada a aumentar a profesionalización do hóckey sobre xeo femino, en 2019. Xogando con Les Canadiennes, gañou dúas veces a Clarkson Cup e foi nomeda MVP da CWHL en tres ocasións. En 2023, fichou polo PWHL Montreal na recentemente creada PWHL, que capitaneou dende a súa tempada inaugural. É a primeira xogadora de hóckey sobre xeo que conseguiu gañar o Northern Star Award como mellor atleta do Canadá do ano, e a segunda en recibir o Bobbie Rosenfeld Award como atleta feminine do ano de The Canadian Press. É amplamente considerada como unha das mellores xogadoras femininas de todos os tempos, así como nha das mellores xogadoras de hóckey sobre xeo canadenses de calquera sexo.

Traxectoria Primeiros anos Marie-Philip Poulin naceu o 28 de marzo de 1991 na Cidade de Quebec (Canadá), filla de Robert Poulin e Danye Nadeau, ten un irmmán maior chamado Pier-Alexandre Poulin. Se ben Poulin naceu na cidade de Quebec, criouse en Beauceville, unha pequena cidade a unha hora da capital provincial. Aos catro anos comezou a practicar patinaxe artística sobre xeo, mais un ano despois cambiouse ao hóckey sobre xeo inspirada polo seu irmán. Nunha entrevista en 2017 Poulin sinalou que un dos seus mellores recordos da infancia era xogar ao hóckey ao aire libre co seu irmán no tempo do Nadal, e apuntou que:

Poulin viu hóckey profesional feminino por primeira vez na televisión durante os Xogos Olímpicos de Inverno de 2002, cando a selección do Canadá gañou a primeira medalla de ouro para o hóckey sobre xeo canadense en 50 anos.

Montreal Stars, 2007-09 miniatura|dereita|250px|Poulin coas Montreal Stars en 2008. Poulin xogou na tempada 2007–08 coas Montreal Stars da Canadian Women's Hockey League (CWHL). Malia a participar só en 16 partidos, Poulin liderou a clasificación de puntos das rookies con 22 goles e 21 asistencias. O seu dominio foi tan grande en tan só media tempada como novata de 16 anos que rematou subcampioa na votación á Xogadora Máis Valiosa (MVP) da CWHL, realizada polas capitás das franquías. Tamén recibiu unha bolsa do programa de formación dos Montreal Canadiens en xaneio de 2008. Na tempada 2008–09, mentres estudaba no Dawson College, xogou tanto con Dawson Blues como en calidade de xogadora asociada das Stars. A finais de marzo de 2009 axudou as Stars a gañar a súa primeira Clarkson Cup ao derrotar as Minnesota Whitecaps en Kingston (Ontario). No partido final deu unha aistencia de gol a Caroline Ouellette.

Boston University Terriers, 2010-15 Poulin debutou co programa feminino da Boston University Terriers durante a temmpada 2010-11. O 2 de outubro de 2010 marcou o primeiro gol da súa carreira na NCAA na derrota do seu equipo por 5–4 fronte a North Dakota. Co seu terceiro gol en inferioridade da tempada o 15 de outubro igualou o récord de BU nunha soa tempada en goles en inferioridade numérica en tan só catro partidos. Liderou a todas as novatas da NCAA en goles (9) e puntos por partido (2,00) durante o mes de outubro de 2010. Ademais encabezou a clasificación de novatas de toda a Hockey East en goles, asistencias e puntos durante ese mes. Nos primeiros sete partidos da súa carreira na NCAA tivo unha racha de sete partidos sumando puntos, que consistiu en nove goles e sete asistencias. Os días 7 e 10 de decembro, en dúas vitorias sobre Northeastern e Harvard, Poulin rexistrou tres goles. En ambos partidos realizou un total de 11 tiros a porta e unha cualificación de +2. O 10 de decembro anotou dous goles e realizou oito tiros a porta (o máis alto do partido) na vitoria de por 5–3 de BU sobre Harvard.

Os días 15 e 16 de xaneiro de 2011, Poulin rexistrou cinco puntos (2 goles e 3 asistencias) nas dúas vitorias de BU sobre Boston College e Maine. Contra BC, Poulin anotou un gol en superioridade numérica e deu dúas asistencias. Conta as Maine Black Bears, rexistrou un gol e unha asistencia. O 22 de xaneiro de 2011 Poulin anotou un hat trick, incluíndo dous goles en superioidade na vitoria de BU sobre Vermont por 4–0. Esta vitoria foi a número 100 na historia do programa das Terriers. Poulin rachou o récord de puntos nunha tempada de BU co seu segundo gol no partido, e logo igualou o mellor rexistro de goles nunha tempada co seu terceiro gol. Converteuse na primeira xogadora das Terriers en ser nomeada Hockey East Rookie of the Year en marzo de 2011. Unha fratura no ombreira non lle impediu xogar durante a tempada 2011-12.

O 11 de maio de 2012, o adestador xefe das Terriers, Brian Durocher, anunciou que as captás do equipo para a tempada 2012-13 serían Poulin e Jill Cardella. Para a tempada 2014-15, Poulin foi nomeada capitá. Como capitá, liderou o equipo ao seu cuarto campionato consecutivo da Hockey East. Despois do campionato da Hockey East de 2015 uniuse a Shannon Doyle e a súa compatriota de Montreal Kayla Tutino no All-Tournament Team.

Les Canadiennes de Montréal, 2015-19 Poulin regresou á CWHL no outono de 2015, cando foi seleccionada polas Stars na terceira posición do Draft da CWHL 2015. Antes do inicio da tempada, as Stars anunciaron unha asociación cos Montreal Canadiens da National Hockey League e mudaron o seu nome a Les Canadiennes de Montréal. Ao final da tempada 2015-16 converteuse na primeira gañadora do Jayna Hefford Trophy como xogadora máis valiosa; tamén gañou o Angela James Bowl á máxima puntuadora da liga.

Poulin capitaneou o equipo para conquistar a Clarkson Cup 2017, anotando dous goles na final disputada en Ottawa na que Montreal derrotou o Calgary Inferno por 3–1. Ao final da tempada 2017 gañou o seu segundo premio á MVP da CWHL.

Poulin decidiu non regresar a Les Canadiennes logo dos Xogos Olímpicos para a preparación da Clarkson Cup 2018. Axudou a que o equipo volvera ser competitivo antes da Clarkson Cup 2019; con todo, Poulin perdeuse os play-offs por unha lesión. Gañou o último premio á MVP na historia da CWHL, o seu terceiro premio, polo seu desempeño na tempada 2019 performance.

Professional Women's Hockey Players Association (PWHPA), 2019–23 miniatura|dereita|Poulin participando saque de honra en 2019 durante o Dream Gap Tour. A CWHL colapsou de xeito abrupto logo da tempada 2018-19. A raíz do colapso, Poulin uniuse ao movemento #ForTheGame que levou á creación da PWHPA. Poulin foi a capitá un dos catro equipos na primeira exibición da PWHPA Dream Gap tour en Toronto en setembro de 2019, levando ao seu equipo a un rexistro de 2-0 no torneo todos contra todos da fin de semana. Como membro PWHPA, participou no Elite Women's Showcase non NHL All-Star Game 2020. Posteriormente foi votada como a mellor xogadora do mundo polos xogadores da NHL, logo de ter finalizado na segunda posición na votación do ano anterior. En decembro de 2019 foi nomeada entre as catro mellores deportistas de Quebec na década de 2010 polos lectores de La Presse.

Poulin estivo entre varias das xogadoras máis destacadas da PWHPA que reaccionaron con indiferenza ás nnovas da expansión ao Caadá da National Women's Hockey League en 2020 coa incorporación do Toronto Six, afirmando que "penso que hai un motivo polo que moitas de nós non xogamos nesa liga".

Na Secret Cup 2021, que foi a etapa canadense da tempada 2020–21 do PWHPA Dream Gap Tour, Poulin marcou o gol da vitoria no terceiro tempo para o Team Bauer (Montreal) nunha vitoria por 4-2 polo campionato sobre o Team Sonnet (Toronto). Tamén rexistrou dúas asistencias para unha actuación de tres puntos. En xeral, Poulin foi a líder en anotación na Secret Cup 2021, con cinco goles e seis asistencias en cinco partidos. Na que resultaría ser a derradeira tempada da PWHPA en 2023–24, Poulin liderou a Dream Gap Tour en anotación con 12 goles e 27 puntos en 20 partidos, e axudou a levar o Team Harvey ao título da Secret Cup 2023.

Montreal Victoire, 2023–presente

miniatura|esquerda|Poulin tirando a porta co PWHL Montreal nun partido fronte o PWHL Minnesota o 6 de xaneiro de 2024. En 2023, a PWHPA mercou a rival Premier Hockey Federation e lanzou a nova Professional Women's Hockey League (PWHL). Poulin, a quen se lle atribuíu un papel importante na procura dun convenio colectivo na nova liga, falou do seu desexo de crear "unha liga profesional viable para a próxima xeración, para nós memas". Con cada un dos seis novos equipos podendo facer tres fichaxes iniciais de axentes libres, Poulin foi amplamente considerada como a mellor xogadora dispoñíble, mais xeralmente asumiuse que ficharía polo equipo de Montreal. The Athletic comentou que "sería xenial ver unha guerra de ofertas por Poulin", mais recoñeceu que "só estamos agardando polo anuncio de fichaxe de Montreal". O 5 de setembro informouse que Poulin, xunto con Laura Stacey e Ann-Renée Desbiens, eran as tres primeiras xogadoras do equipo de Montreal.

Estatísticas Liga regular e play-offs Nota: As Montreal Stars mudaron o seu nome a Les Canadiennes de Montréal en 2015. Liga regularPlay-offs Tempada Equipo Liga GP G A Pts PIM PX G A Pts PIM 2007–08 Montreal Stars CWHL 16 22 21 43 16 2 2 1 3 4 2008–09 Montreal Stars CWHL 6 4 4 8 8 — — — — — 2009–10 Montreal Stars CWHL — — — — — — — — — — 2010–11 Boston University HE 28 24 23 47 22 — — — — — 2011–12 Boston University HE 16 11 14 25 14 — — — — — 2012–13 Boston University HE 35 19 36 55 18 — — — — — 2013–14 Canada (AMHL) HE 8 1 3 4 6 — — — — — 2014–15 Boston University HE 32 27 27 54 18 — — — — — 2015–16 Les Canadiennes de Montréal CWHL 22 23 23 46 10 3 4 5 9 2 2016–17 Les Canadiennes de Montréal CWHL 23 15 22 37 6 — — — — — 2017–18 Les Canadiennes de Montréal CWHL — — — — — — — — — — 2018–19 Les Canadiennes de Montréal CWHL 26 23 27 50 12 — — — — — 2019–20 Montreal PWHPA — — — — — — — — — — 2020–21 Montreal PWHPA 4 5 6 11 2 — — — — — 2022–23 Team Harvey's PWHPA 20 12 15 27 10 — — — — — 2023–24 PWHL Montreal PWHL 21 10 13 23 14 3 1 1 2 0 2024–25 Montreal Victoire PWHL 30 19 7 26 21 4 1 1 2 2 2025–26 Montreal Victoire PWHL 19 9 9 18 20 9 2 6 8 6 Totais na PWHL 70 38 29 67 55 16 4 8 12 8 Totais na CWHL 93 87 97 184 52 5 6 6 12 6

International Ano Equipo Evento Resultado GX G A Pts PIM 2008 Canadá U18 20px 5 8 6 14 4 2009 Canadá U18 20px 5 5 7 12 2 2009 Canadá CM 20px 5 2 3 5 0 2010 Canadá XXOO 20px 5 5 2 7 2 2011 Canadá WC 20px 5 3 1 4 4 2012 Canadá CM 20px 5 3 4 7 6 2013 Canadá CM 20px 5 6 6 12 2 2014 Canadá XXOO 20px 5 3 2 5 0 2015 Canadá CM 20px 5 3 3 6 2 2016 Canadá CM 20px 5 2 4 6 6 2017 Canadá CM 20px 5 2 4 6 2 2018 Canadá XXOO 20px 5 3 3 6 8 2019 Canadá CM 20px 3 0 0 0 0 2021 Canadá CM 20px 6 3 6 9 2 2022 Canadá XXOO 20px 7 6 11 17 6 2022 Canadá CM 20px 7 5 5 10 6 2023 Canadá CM 20px 7 4 4 8 8 2024 Canadá CM 20px 7 2 2 4 6 2025 Canadá CM 20px 7 4 8 12 2 2026 Canadá XXOO 20px 4 3 1 4 2 Totais júnior 10 13 13 26 6 Totais sénior 98 59 69 128 64

Notas

Categoría:Nados na cidade de Quebec Categoría:Nados en 1991 Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo olímpicos do Canadá