miniatura|400px|Secreción holócrina.
HolócrinoBUSCatermos holócrino, holócrina (do grego antigo ὅλος; hólos, 'completo, enteiro' + κρῑ́νω; krī́nō, 'separar') é un termo usado para clasificar o modo de secreción das glándulas exócrinas en histoloxía. As secrecións holócrinas prodúcense dentro do citoplasma da célula e libéranse pola rotura da membrana plasmática, o cal destrúe toda a célula e fai que o produto de secreción pase ao lume do órgano ou glándula.
A secreción holócrina é o tipo de secreción a que causa máis danos á célula (pero só á célula secretora e non ao hóspede que a contén), que se destrúe, mentres que na secreción apócrina só se desprende unha porción apical da célula e na merócrina as células non sofren danos.
Exemplos de glándulas holócrinas son as glándulas sebáceas da pel e as glándulas de Meibomio das pálpebras. A glándula sebácea é un exemplo de glándula holócrina porque o seu produto de secreción, o sebo, libérase xunto cos restos das células mortas da glándula que o produciron.Victor Eroschenko, diFiore's Atlas of Histology with functional correlations, Lippincott Williams & Wilkins, 10th edition, 2005. p. 41
Notas
Véxase tamén Outros artigos Diagrama en uwa.edu.au
Categoría:Sistema exócrino