Gertrude K. Lathrop, nada en Albany, Nova York, o 24 de decembro de 1896 e finada en Falls Village, Connecticut, o 16 de marzo de 1986, foi unha escultora, medallista e deseñadora de moedas estadounidense.Smith, P. (2012). Traxectoria

Primeiros anos e formación Lathrop naceu en 1896 en Albany, Nova York,"Gertrude Katherine Lathrop". Findagrave.com filla da pintora paisaxista Ida Pulis (1859-1937)"Ida Pulis Lathrop". Findagrave.com e de Cyrus Clark Lathrop (1862-1931)."Cyrus Clark Lathrop". Findagrave.com A súa irmá Dorothy Pulis Lathrop tamén foi artista."Dorothy Pulis Lathrop". Findagrave.comHamersly, L. R. et al. (1924). Who's who in New York City and State. Vol. 8. Hamersly Co., Nova York. Páxina 760.

Estudou na Art Students League en 1918 con Gutzon Borglum e na School of American Sculpture entre 1920 e 1921, igualmente con Borglum. Logo dunha viaxe formativa por Europa, en 1924 foi a Gloucester, Massachusetts, para pasar o verán formándose con Charles Grafly."Gertrude K. Lathrop". Smithsonian American Art Museum (Americanart.si.edu)."Gertrude Katherine Lathrop". National Academy of Design (nationalacademy.emuseum.com).

Carreira como escultora A primeira exposición de Gertruce K. Lathrop foi na Academia Nacional de Deseño en 1921; na exposición anual desta academia de 1935 expuxo un busto da súa nai, Ida Pulis Lathrop. Nos anos seguintes a súa obra foi incluída en numerosas exposicións da Sociedade Nacional de Escultura. miniatura|esquerda|Nancy Lee (1922), escultura de bronce de Gertrude K. Lathrop.

Como artista acadou unha mención honorífica do Instituto de Arte de Chicago en 1924.Bulletin of the Art Institute of Chicago. Vol. XVIII. Nº 9. Decembro de 1924. Páxina 113.

Lathrop tamén foi merecedora de catro premios outorgados pola Academia Nacional de Deseño: o premio Hellen Foster Barnett, na exposición de inverno de 1928; o premio Shaw Memorial, na exposición de inverno de 1931; o premio Speyer Memorial, na exposición anual de 1936; e a medalla Saltus, na exposición anual de 1970.

Como escultora, Lathrop destacou polos seus retratos e, sinaladamente, polas súas representacións de animais, tanto salvaxes como domésticos. A este respecto dixo: "Elixín modelar animais pola súa infinita variedade de formas e texturas, e pola súa gran beleza, porque ata o máis humilde deles ten beleza; si, ata os insectos de grandes cairos"."Gertrude Katherine Lathrop". Askart.com

Lathrop dedicouse tamén ás obras de arte públicas, entre as que destacan a hasta de bandeira conmemorativa da segunda guerra mundial para Memorial Grove, e a lápida conmemorativa Leonard Woods Richardson na Escola de Profesores do Estado de Nova York, ambos en Albany.

Lathrop foi membro da Sociedade Nacional de Escultura, da Asociación Nacional de Mulleres Escultoras e Pintoras e da Sociedade de Medallistas.

A súa obra forma parte das coleccións do Museo de Arte de Seattle, o Museo de Arte Americana do Instituto Smithsoniano, da Galería Nacional de Arte de Washington,"Gertrude K. Lathrop". National Gallery of Art (NGA.gov). do Instituto de Historia e Arte de Albany"Gertrude K. Lathrop". Albany Institute of History & Art (Albanyinstitute.org). e do Museo Metropolitano de Arte."Gertrude K. Lathrop". Metropolitan Museum of Art (METmuseum.org).

Medallista e deseñadora de moeda Ademais da súa dedicación á escultura, foi tamén unha consumada medallista. Entre os deseños de Lathrop como neste terreo destacan a 18ª emisión da medalla da Sociedade de Medallistas en 1940 e a medalla de Brookgreen Gardens en 1947.

Tamén se encargou do deseño de dúas moedas. En 1936 encomendóuselle a creación do medio dólar conmemorativo do 250 aniversario da promulgación da carta municipal de Albany, en Nova York, e dous anos máis tarde, en 1938 ocupouse tamén do deseño do medio dólar do 250 aniversario de New Rochelle, Nova York. En ambos os casos, represéntanse nas moedas senllos animais: un castor e un becerro, respectivamente."½ Dollar Albany, New York Charter". Numista.com"½ Dollar New Rochelle". Numista.com

O seu labor no ámbito da medalla e a moeda fíxoa merecedora en 1950 do premio Sanford Saltus de Medalla, outorgado pola American Numismatic Society,"The Saltus Medal Award ". American Numismatic Society (Numismatics.org). e en 1973 a American Numismatic Association outorgoulle o seu premio á Excelencia na Arte da Medalla."Past ANA Service Awards Recipients". American Numismatic Association (Money.org).

Derradeira época En 1954, Gertrude K. Lathrop trasladouse coa súa irmá, que era unha destacada ilustradora de libros infantís, a Falls Village, en Connecticut, onde residiu o resto da súa vida. Alí finou o 16 de marzo de 1986, e foi soterrada no cemiterio rural de Albany, Nova York.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Smith, P. (2012). "Lathrop, Gertrude Katherine". En American Numismatic Biographies. Páxina 255.

Categoría:Nados en 1896 Categoría:Nados no condado de Albany, Nova York Categoría:Finados en 1986 Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Art Students League of New York Categoría:Personalidades sen imaxes