Christina Moreira Vázquez, nada en París en 1964, é unha tradutora e teóloga galega, ordenada bispa pola Asociación de Presbíteras Católicas Romanas.

Traxectoria relixiosa Forma parte da Asociación de Presbíteras Católico Romanas (ARCWP, nas súas siglas en inglés), un colectivo que promove a igualdade de dereitos de homes e mulleres dentro da Igrexa Católica, e que en 2002 ordenou ás primeiras sete presbíteras, ou mulleres sacerdotes, a bordo dun barco no río Danubio a cargo de bispos varóns sen autorización canónica.

Foi ordenada diaconisa na Coruña en 2013 por unha muller bispa da mesma asociación e, dous anos máis tarde, en 2015, en Florida, ordenouse presbítera baixo a ARCWP novamente. Finalmente, o 24 de xuño de 2025 chegou a consagración como bispa, levada a cabo no concello de Brión.

Exerce cargos relixiosos desde que foi nomeada diacona, e máis tarde presbítera, na Comunidade Cristiá do Home Novo, da cidade da Coruña.

Participa doutros movementos en prol da igualdade na Igrexa Católica, como o colectivo francés Toutes Apôtres ou a Asociación de Mulleres Cristiás Galegas Exeria.

Reaccións Ante estas ordenacións á marxe do dereito canónico, de forma oficial a Igrexa Católica pronunciouse co silencio nalgúns casos e con sentenzas de excomuñón noutros, non admitindo a validez das demandas da ARCWP.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Sacerdotas: la mujer en las diferentes liturgias y religiones / Yolanda Alba. Almuzara, 2018 The forbidden call: women priests [documental] / dir. Marie Mandy. Cinéphage & Clin d’Oeil Films, 2024

Ligazóns externas

Entrevista en RTVE Entrevista pola ACLP Roxín Roxal

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en París Categoría:Bispos Categoría:Teólogos de Galicia Categoría:Nados na diáspora galega