miniatura|Iustración da pel na que se ven terminacións nerviosas libres (en latín terminatio neuralis libera). Unha terminación nerviosa libre (TNL) ou terminación nerviosa núa, é unha fibra nerviosa aferente non especializada que envía os seus sinais a unha neurona sensorial. Aferente neste caso significa que leva información desde a periferia do corpo cara ao cerebro. Estas terminacións funcionan como nociceptores cutáneos e os vertebrados úsanas esencialmente para detectar estímulos nocivos que adoitan orixinar unha sensación de dor.
Estrutura As teminacións nerviosas libres non están encapsuladas e non teñen estruturas sensoriais complexas. Son o tipo máis común de terminación nerviosa e atópanse principalmente na pel. Penetran a derma e acaban no estrato granuloso. As TNL infíltranse nas capas medias da derma e folículos pilosos que hai arredor.
Tipos
As terminacións nerviosas libres teñen diferentes velocidades de adaptación, modalidades de estímulo e tipos de fibras.
Velocidade de adaptación Os diferentes tipos de TNL poden ser de adaptación rápida, de adaptación intermedia ou de adaptación lenta. As fibras A delta de tipo II son de adaptación rápida, mentres que as fibras A delta de tipo I e as C son de adaptación lenta.Rolf-Detlef Treede, Richard A.Meyer, Srinivasa N.Raja, James N.Campbell. Evidence for two different heat transduction mechanisms in nociceptive primary afferents innervating monkey skin. J Physiol 1995;483:747-758
Modalidade
As terminacións nerviosas libres poden detectar a temperatura, estímulos mecánicos (tacto, presión, estiramento) ou de perigo (nocicepción). Así, as diferentes terminacións nerviosas libres funcionan como termorreceptores, mecanorreceptores cutáneos e nociceptores. Noutras palabras, expresan polimodalidade.
Tipos de fibras A maioría das fibras Aδ (grupo III) e fibra C (grupo IV) finalizan como terminacións nerviosas libres.
Clasificación O termo "terminacións nerviosas libres" data da década de 1890, e caracterizáronse orixinalmente pola ausencia doutras estruturas celulares nos seus terminais. As observacións que levaron a esta caracterización estaban limitadas pola resolución relativamente baixa dos microscopios ópticos. Os avances en imaxes non-ópticas, como en microscopia electrónica, permitiron un exame a maior resolución das terminacións nerviosas libres, que posibilitou o descubrimento de que na maioría dos casos son feixes de axóns rodeados por feixes de Remak en vez de non estar verdadeiramente encapsuladas. Eses descubrimentos levaron a propoñer unha terminoloxía máis axeitada como "terminacións nerviosas libres" ou "terminacións nerviosas aferentes non-corpusculares".
Notas
Véxase tamén Ligazóns exernas
Nociception: Transduction. Da Universidade de Utah.
Textbook in Medical Physiology And Pathophysiology: Essentials and clinical problems. Copenhagen Medical Publishers. 1999 - 2000
Categoría:Sistema somatosensorial