Os colonos marroquís no Sáhara Occidental son os cidadáns marroquís que se asentaron no Sáhara Occidental incitados polo Reino de Marrocos, que ten patrocinado campañas de asentamento. Estas campañas fixeron que miles de cidadáns marroquís se trasladasen ao Sáhara Occidental ocupado por Marrocos. Esta migración regulada leva ocorrendo desde a Marcha Verde en 1975, e foi estimado en 2015 que os colonos marroquís son dous terzos dos 500.000 habitantes do Sáhara Occidental.
Baixo a lei internacional, a transferencia de cidadáns marroquís ao territorio ocupado constitúe unha violación directa do Artigo 49 da Cuarta Convención de Xenebra (cf. colonos turcos en Chipre do Norte e colonos israelís nos territorios palestinos).
Historia
Retirada española Sáhara Occidental caeu baixo o control español en forma de protectorado en 1884, cuxo territorio se estendía desde Cabo Bojador a Cabo Blanc. España gradualmente estendeu o seu control sobre a rexión durante os próximos 40 anos negociando con Francia. O Sáhara Español foi formalmente estabelecido como tal en 1958 despois de que dous distritos administrativos anteriores, Río de Oro e Saguia el Hamra, foron combinados.
Entre presión dos nacionalistas saharauís no Sáhara Español, Marrocos, Mauritania, e Alxeria, España retirouse do Sáhara Occidental en 1976. O territorio restante foi dividido entre Marrocos e Mauritania, frustrando aos dirixentes alxerianos e incitándolles a empezar a apoiar a un grupo nacionalista saharauí, a Fronte Polisario. A finais dos 1970s, o grupo empezou levar a cabo unha guerra de guerrillas en Marrocos e Mauritania, mais Mauritania retirouse pronto do territorio, deixando a Marrocos como o único Estado belixerante. A guerra con Marrocos causou que ó redor da poboación saharauí fuxise da área, deixando un oco que encheron os colonos marroquís.
Asentamentos marroquís e o conflito de Sáhara Occidental Os asentamentos marroquís xogaron unha función complexa no desenvolvemento do conflito no Sáhara Occidental.
Apoio do goberno O Reino de Marrocos apoia os asentamentos financeira e administrativamente, dándolle moitos incentivos aos cidadáns que escollan mudarse ao Sáhara Occidental. Por exemplo, os funcionarios que viven no Sáhara Occidental gañan aproximadamente dúas veces máis do que os que viven no resto do Reino.
Actitude da Fronte Polisario A Fronte Polisario oponse á presenza de colonos no Sáhara Occidental e veos como barreira significativa á autodeterminación. Nunha conversación en 2018 entre Brahim Ghali, o secretario xeral da Fronte Polisario, e Horst Koehler, o enviado persoal do secretario xeral de Nacións Unidas ao Sáhara Occidental, Ghali anotou que os asentamentos marroquís eran un tema importante de preocupación. Especificamente, a presenza de colonos está cambiando significativamente a composición demográfica da rexión, posando un impedimento a unha posible resolución do conflito.
Para a Fronte Polisario, o feito de que os colonos marroquís constitúan agora a maioría da poboación do Sáhara Occidental impide a posibilidade dun referendo de independencia. Polo perigo de que un referendo de independencia manteña o dominio marroquí sobre o Sáhara Occidental, poucos están dispostos a aceptar tal votación sen a descolonización e a repatriación de colonos a Marrocos.
Resposta internacional
Nacións Unidas As Nacións Unidas tentou a mediar nas reclamacións territorias ao Sáhara Occidental, sendo os colonos un elemento importante na contenda. A principios dos 2000s, o Enviado Persoal (James Baker) do Secretario Xeral da ONU (Kofi Annan), ao Sáhara Occidental, mativo múltiples reunións con axentes marroquís e do Polisario para falar sobre o futuro do Sáhara Occidental. Acabaron sendo ineficaes e empeorou as relacións. Baker tamén propuxo dous plans de paz que introducirían unha fase de autonomía de catro anos do Sáhara Occidental e sometería a independencia a un referendo. En diferentes puntos, tanto o Polisario como Marrocos rexeitaron o plan.
Estados Unidos As respostas de outros países con respecto aos colonos trñrn sido escasas. Aínda que o Departamento de Estado dos Estados Unidos, por exemplo, emitiu informes sobre as violacións de dereitos humanos no Sáhara Occidental, non fixeron referencia aos colonos.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Grupos étnicos do Sáhara Occidental