A Casa da Peste é unha construción tradicional situada na aldea da Godela (Aguasantas, Cerdedo Cotobade). Trátase dun conxunto de edificacións de pedra actualmente en ruínas, envoltas por vexetación autóctona e cun notable interese etnográfico e patrimonial.
Historia e lenda Segundo a tradición oral e diversas lendas locais, a Casa da Peste foi utilizada no século XVIII como lugar de reclusión ou corentena para persoas infectadas pola peste bubónica, concretamente pola bacteria Yersinia pestis. A casa tería servido como un lazareto improvisado durante unha das últimas grandes epidemias de peste que afectaron a Galicia, coincidindo coa data de construción gravada nun lintel: 1721. Porén, non existen probas documentais que confirmen con certeza este uso, polo que a súa función real continúa a ser motivo de especulación e fai parte do imaxinario colectivo da zona.
Descrición miniatura|esquerda|Peto de ánimas na Casa da Peste. O conxunto está formado por dúas casas rectangulares de pedra, con baixo, sobrado e faiado. Destacan os arcos de medio punto do pórtico, froito do traballo de canteiros locais, así como elementos típicos da arquitectura tradicional galega como dous hórreos e un peto de ánimas.
Na actualidade, as casas están abandonadas e en estado ruinoso, aínda que continúan a atraer visitantes e sendeiristas pola súa historia. O conxunto é considerado un elemento etnográfico de valor, representativo da arquitectura tradicional e das crenzas populares ligadas ás grandes epidemias históricas en Galicia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Cerdedo Cotobade Peste