Antonio Miranda-Altamirano González, nado en Parada de Amoeiro o 2 de xuño de 1860 e finado en Ourense o 3 de decembro de 1932, foi un propietario e político galego.
Traxectoria Era fillo de dona María Asunción González Caride (1840/41-1869/70) e don José Manuel Miranda González Soto y Altamirano (1817-1900/01)https://historiadeunafamilia25.blogspot.com/2026/08/don-jose-manuel-miranda-gonzalez-soto-y.html?m=, notable carlista e conservador bugallalista, señor do Pazo de Parada, que fora presidente da xunta provincial do círculo carlista ourensán en 1871, alcalde de Amoeiro, deputado provincial en 1879 e presidente da corporación en 1880.
Ao igual que os seus devanceiros, don Antonio Miranda foi un dos maiores foristas da bisbarra. Seguidor da fracción bugallalista do Partido Conservador durante a RestauraciónPrada Rodríguez (1998), p. 190, foi alcalde de Amoeiro en 1904El Miño, 2-12-1904, p. 2. e novamente en 1914 e 1930El Ideal Gallego, 2-3-1930, p. 4.. Co gallo das eleccións municipais do 12 de abril de 1931 o socialista Castor Sánchez Martínez pactou con el tres postos polas minorías, aínda que coa renovación da corporación aquel sería elixido alcalde de Amoeiro. Finou en Ourense o 3 de decembro de 1932Necrolóxica en Galicia, 4-12-1932, p. 8..
Vida persoal Casou con dona Carmen Cabo Couñago en 1909El Correo de Galicia, 17-5-1909, p. 2. e foi pai de don Antonio, dona Carmen e don José Manuel Miranda Cabo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alcaldes de Amoeiro Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Amoeiro Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1932