Antonio Puentes Chao, nado en Muras (Lugo) en setembro de 1967, é un profesor, tradutor e editor galego.
Traxectoria
É catedrático de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario. Foi director editorial de 3C3 Editores, dende 2001 ata 2012, xunto co profesor Amancio Liñares Giraut.
Ademais de libros, ten publicados diversos artigos lingüístico-literarios e múltiples traducións e supervisións lingüísticas de variadas obras de temática diversa.
Tras pasar por diferentes centros, dende setembro de 2023 Antonio Puentes Chao exerce no IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela. Obras editadas
Vocabulario de restaurantes, 1991, Xunta de Galicia. Con Xavier Varela e Alexandre Rodríguez. Vocabulario de tabernas, bares e cafeterías, 1991, Xunta de Galicia. Con Xavier Varela e Alexandre Rodríguez. Dicionario Eladio Rodríguez, 2001, 3C3 Editores. Con Amancio Liñares Giraut. Eladio Rodríguez González, 2001, Xunta de Galicia. Con Amancio Liñares Giraut. Dicionario Frei Martín Sarmiento, 2002, 3C3 Editores. Con Amancio Liñares Giraut. Xente e terra de Xallas. Letras da mocidade, 2002, Concello de Santa Comba. Coordinada con Amancio Liñares Giraut. Dicionario Antón Avilés de Taramancos, 2003, 3C3 Editores. Con Amancio Liñares Giraut. Notas
Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Nados en Muras Categoría:Nados en 1967 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Editores de Galicia