Abderrahman Rebbach, máis coñecido como Abde, nado en Blida o 11 de agosto de 1998, é un futbolista alxeriano que xoga de extremo esquerdo no Granada, da Segunda División, cedido polo Deportivo Alavés

Traxectoria Nacido na cidade alxeriana de Blida, aos 12 anos trasladouse ao País Vasco, asentándose en Vitoria. Xogou nas categorías inferiores da SD Iru-Bat Santa Lucía, do CD Ariznabarra e do Aurrerá de Vitoria, e debutou co primeiro equipo deste último na Terceira División durante a tempada 2017/18.

En 2018 fichou polo Club San Ignacio, equipo asociado ao Deportivo Alavés, tamén en Terceira. En agosto de 2020 pasou ao Deportivo Alavés B, da Segunda División B.

Na tempada 2021/22 marcou 16 goles e para a seguinte campaña subiu ao primeiro equipo do Alavés, da Segunda División. Debutou na categoría de prata o 13 de agosto, nunha vitoria por 2-1 contra o Leganés. Marcou tres goles ao longo da tempada, contribuíndo ao ascenso do equipo á Primeira División.

Na segunda metade da tempada 2024/25 foi cedido ao Granada.

Notas

Categoría:Nados en Alxeria Categoría:Nados en 1998 Categoría:Futbolistas de Alxeria Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Aurrerá de Vitoria Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés B Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Granada CF