Terminator Zero é unha serie de televisión estadounidense-xaponesa desenvolvida por Mattson Tomlin para Netflix. Está ambientada no universo de Terminator creado por James Cameron e Gale Anne Hurd. Os servizos de animación foron proporcionados por Production I.G baixo a dirección de Masashi Kudō. A serie de oito episodios estreouse o 29 de agosto de 2024 en Netflix, onde conta con versión subtitulada en galego.
Sinopse Na Tokyo de 1997, Malcolm Lee está a desenvolver Kokoro, un sistema de IA destinado a competir con Skynet. O día anterior ao día do xuízo final, Lee vese a si mesmo e aos seus tres fillos perseguidos por un descoñecido robot asasino e un misterioso soldado do ano 2022 foi enviado para protexelo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión en lingua xaponesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2024 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2024 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión do Xapón Categoría:Series de televisión con versión galega