Alicia Campo Bastos, nada no Porriño o 7 de outubro de 1999, é unha xogadora de balonmán galega. Xoga de pivote no BM Porriño.
Traxectoria
Formouse na canteira do BM Porriño, e en 2017 pasou ao primeiro equipo. En xaneiro de 2022 tivo unha grave lesión no ombreiro. Na tempada 2024-25 o equipo chegou á final da EHF European Cup.
Notas
Categoría:Nados no Porriño Categoría:Nados en 1999 Categoría:Xogadores de balonmán de Galicia Categoría:Xogadores do BM Porriño