A Catedral de San Zenón de Pistoia é un edificio relixioso situado na cidade toscana de Pistoia, Italia. Está dedicado a San Zenón, se ben inicialmente levou o nome de San Martino. Historia

Construíuse no século X en estilo románico, posiblemente sobre unha igrexa anterior. A primeira referencia dela é do ano 923. En 1108 foi danada por un incendio, e reconstruíuse pouco despois. En 1202 sufriu outro incendio e a finais do século XIII as naves laterais foron cubertas con bóvedas. En 1336 un terremoto ocasionou máis danos. Anovouse a fachada entre 1379 e 1449 coa adición de galerías de arcos e columnas, e se pediu a Andrea della Robbia que contribuíra con esculturas. Entre 1598-1614 derrubouse o coro medieval, modificáronse as capelas interiores e substituíuse a ábsida orixinal por unha tribuna barroca coroada por unha cúpula, mentres que as paredes decoráronse con pinturas.

Co tempo sufriu varias modificacións e volveu ás súas formas primitivas mediante unha restauración que tivo lugar entre 1952 e 1966 e finalizou en 1999. En decembro de 1965 o papa Paulo VI elevouna á dignidade de basílica menor.

Descrición

Exterior Probablemente construída no século X, ten unha fachada de estilo románico, inspirada noutras igrexas de Pistoia (San Bartolomeo e San Jacopo).

O campanario da catedral de Pistoia é un elemento destacado do conxunto e forma parte dunha serie de campanarios con eirados na cúspide definidas como loxias, que tamén inclúen a torre da igrexa de San Nicola en Pisa.

Interior O interior ten unha nave e dúas naves laterais, con presbiterio e cripta. Unha restauración entre 1952 e 1999 devolveu a igrexa ás súas liñas orixinais.

O interior ten tres naves, presbiterio e cripta, e entre as obras de arte que alberga atópanse pezas de Lorenzo di Credi, Giovan Battista Paggi, Antonio Rossellino, Giglio Pisano, Nofri di Buto, Piero Braccini, Filippo Brunelleschi, Coppo di Marcovaldo, Agostino di Giovanni, Andrea del Verrocchio, Cristofano Allori, Benedetto Veli, Benedetto da Maiano, Maso di Bartolomeo, Gherardo Gherardi, Nicola Pisano e Giorgio Vasari, entre outros.

Notas

Categoría:Catedrais de Italia Categoría:Provincia de Pistoia