O MOPS (ácido 3-(N-morfolino)propanosulfónico) é un tampón introducido na década de 1960, un dos vinte tampóns de Good (seleccionados e descritos por Norman Good). É un análogo estrutural do tampón MES, e igual que o MES, a súa estrutura contén un anel morfolino. HEPES é un composto tamponante do pH similar que contén un anel de piperazina. Cun pKa de 7,20, MOPS é un excelente tampón para moitos sistemas biolóxicos a pH case neutro.
Aplicacións O MOPS utilízase frecuentemente como axente tamponante en bioloxía e bioquímica. Foi testado e recomendado para a electroforese en xel de poliacrilamida. O seu uso por riba de 20 mM en traballos en cultivos celulares de mamíferos non se recomenda. As solucións tampón MOPS decolóranse co tempo (quedan amarelas), mais segundo consta, unha lixeira decoloración non afecta significativamente as súas carcterísticas como tampón.
Notas
Véxase tamén Outros artigos CAPS HEPPS Tris Tampóns comúns usados en bioloxía
Ligazóns externas Sigma Aldrich Buffer Calculator - Útil ferramenta para calcular o peso, volume ou concentración a partir do peso molecular. Receita para o tampón MOPS en OpenWetWare
Categoría:Solucións tampón Categoría:Ácidos sulfónicos