O feminismo descolonial ou feminismo decolonial é unha corrente feminista que xurdiu en América Latina. Dálle a máxima importancia á intersección de conflitos entre sexo/xénero, clase e raza. No estudo desta intersección, esta corrente estuda o papel das institucións e as categorías culturais impostas polo colonialismo e o neocolonialismo e cuestiona o feminismo eurocéntrico ou universalista occidental.
Historia É un movemento que xurdiu da terceira onda e tamén se denominou feminismo periférico, poscolonial ou do terceiro mundo. É un concepto desenvolvido no marco dos estados neoliberais e das sociedades desiguais e racistas para abordar a condición das mulleres non brancas e as súas necesidades. É dicir, as protagonistas que lle dan sentido a esta proposta son as mulleres que viven na periferia social: mulleres pobres, mulleres con discapacidade, mulleres con outras orientacións sexuais e, especialmente, as coñecidas como migrantes.
As súas principais voceiras son María Lugones, Karina Bidaseca, Rita Segato, Ana Marcela Montanaro, Yuderkys Espinosa Miñoso, Karina Ochoa, Gladys Tzul Tzul, Adriana Guzmán, Diana Gómez Correal e Ochy Curiel, entre outras.
Notas
Categoría:Escolas feministas