Sesės é un filme lituano-letón de 2024 escrito e dirixido por Laurynas Bareiša e protagonizado por Gelmine Glemzaite, Agne Kaktaite, Giedrius Kiela e Paulius Markevicius.
Estreouse na 77ª edición do Festival Internacional de Cinema de Locarno, onde Bareiša recibiu o premio ao mellor director, mentres que o elenco principal foi recoñecido co premio ás mellores interpretacións. Foi escollido como candidato de Lituania para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Gelminė Glemžaitė como Ernesta Paulius Markevičius como Lukas Agnė Kaktaitė como Justė Giedrius Kiela como Tomas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Lituania propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua lituana Categoría:Filmes de Lituania Categoría:Filmes de Letonia Categoría:Filmes sobre o matrimonio