Boadicea Editora é unha editorial galega especializada en literatura fantástica, de ciencia ficción e de terror. Foi fundada no ano 2022 por Alba Rozas Arceo, José Manuel Dopazo e Marcos López.

Historia O proxecto xurdiu do podcast Baleiro Perfecto, centrado en temas de fantasía. A súa intención é ampliar o sistema literario galego no relativo á literatura de xénero. O nome da editorial procede da raíña celta Boadicea, e simboliza as dificultades que debe superar unha editora especializada en Galicia.

Liña editorial A liña editorial de Boadicea céntrase en obras de ciencia ficción, fantasía e terror en lingua galega, tanto nacionais como traducidas doutras linguas. Neste sentido, oriéntanse tanto a un público adulto como infantil e xuvenil.

Publicacións N.º Autoría Título Ano TraduciónCategoríaXéneroISBN1 Tomás Rivera Pegadas de búfalo 2022 N/AXuvenilAventuras2 Vanesa Santiago As probas do mago 2022 N/AXuvenilFantasía3 Alba Rozas A caída de Guiomar 2022 N/AXuvenilFantasía4Tomás G. AholaVisitantes da estrela vermella2022N/AXuvenilCiencia ficción5Álex BayortiA tumba do último pirata2022N/AXuvenilAventuras6Ana MariñoAs aventuras do cabaleiro de prata2022N/AXuvenilFantasía7Philip K. DickUbik2022Tomás G. AholaAdultoCiencia ficción8José Manuel Dopazo, Alba Rozas e Iago Torres (ilustrador)O biosbardo e os paxaros sen cor2022Inma Pérez e Pablo PesadoInfantilFantasía9José Manuel Dopazo, Alba Rozas e Iago Torres (ilustrador)O tesouro do caranguexo2023Inma Pérez e Bruno RuivalInfantilFantasía10Úrsula K. Le GuinUn feiticeiro de Terramar2023Tomás G. AholaAdultoFantasía11Úrsula K. Le GuinAs tumbas de Atuan2023Tomás G. AholaAdultoFantasía12Pablo PesadoGastrulación2023N/AAdultoCiencia ficción13Carlos Vega e Iago Torres (ilustrador)Noite no cemiterio2023N/AXuvenilTerror14Úrsula K. Le GuinA costa máis afastada2023Tomás G. AholaAdultoFantasía15China MiévilleOs derradeiros días de Nova París2023Inma PérezAdultoCiencia ficción16José Manuel Dopazo, Alba Rozas e Iago Torres (ilustrador)O androide Simón2024Fernando Corredoira e Inma PérezInfantilCiencia ficción17Alba RozasLapislázuli: o regreso das superguerreiras2024N/AAdultoFantasía18Roberto A. RodriguesNiño maldito2024N/AAdultoTerror19Úrsula K. Le GuinTehanu2024Tomás G. AholaAdultoFantasía20Shirley JacksonA maldición de Hill House2024Miguel GonzálezAdultoTerror21José Manuel Dopazo, Alba Rozas e Iago Torres (ilustrador)Asunción e as constelacións2024Jorge Rodríguez Durán e Bruno RuivalInfantilCiencia ficción22Alba de Evan e Iago Torres (ilustrador)Dormen baixo terra2024N/AXuvenilTerror23Úrsula K. Le GuinContos de Terramar2025Tomás G. AholaAdultoFantasía24José Manuel Dopazo, Alba Rozas e Iago Torres (ilustrador)As ánimas do Samaín2025Élia Lago Pereira e Jorge Rodríguez DuránInfantilTerror25Manuel EstebanTrickstar: postais desde as estrelas2025N/AAdultoCiencia ficción26Manuel Lourenzo González e Iago Torres (ilustrador)De cando os animais tamén eran xente2025N/AInfantilFantasía27Úrsula K. Le GuinO outro vento2025Tomás G. AholaAdultoFantasía28Terry PratchettGardas! Gardas!2025Miguel GonzálezAdultoFantasía29Anxo Mouzo MoreiraA princesa dourada2025N/AXuvenilFantasíaISBN 978-84-129489-8-1

Recoñecementos

XX Premio Frei Martín Sarmiento (Categoría de Tradución) por Un feiticeiro de Terramar (2023).

Notas

Categoría:Boadicea Editora