Weblate é unha ferramenta de tradución na web de código aberto con control de versións. Inclúe soporte para centos de linguas con definicións básicas, e habilita a adición de máis definicións de lingua. Todas as traducións poden ser editadas pola comunidade na web ou por un conxunto definido de persoas, así como por tradución automática, como DeepL Translator, Amazon Translate, ou Google Translate.
Obxectivos
Weblate ten como obxectivo facilitar a tradución baseada na web cunha estreita integración con Git para unha ampla gama de formatos de ficheiro, axudando aos tradutores a contribuír sen ter coñecementos do fluxo de traballo de Git.
As traducións seguen o desenvolvemento de preto, xa que se aloxan no mesmo repositorio no que está almacenado o código fonte. Non hai plans para a resolución de conflitos importantes, xa que se argumenta que estes deberían ser principalmente xestionados no lado de Git.
Nome do proxecto O nome do proxecto é unha amálgama formada polas palabras inglesas web e translate (en galego, web e traducir).
Usos notables
Estes son algúns proxectos que empregan Weblate:
Godot Blender FreePBX OsmAnd phpMyAdmin Organic Maps Unknown Horizons OpenPetra Turris Omnia Debian Handbook LibreOffice e Collabora Online Monero openSUSE Open Journal Systems H5P Kodi CryptPad ParaView SCP: Secret Laboratory
Véxase tamén
Outros artigos
Software libre e de código aberto
Translate Toolkit Memoria de tradución Tradución asistida por computador Notas
Categoría:Informática Categoría:Tradución automática