Luis Yusty García, nado en Ferrol o 11 de abril de 1945, é un enxeñeiro, dramaturgo, pintor e político galego. Nas décadas de 1970 e 1980 participou activamente na vida cultural e política galega. Definiu o teatro como “a arte dos comportamentos” e destacou como dinamizador da actividade teatral na comarca de Ferrol. Participa en varias exposicións de pintura, presentando bodegóns, escenas e paisaxes pintadas ao óleo e outras técnicas. alt=Praia con chalanas|miniatura|"Praia con chalanas" Pintura ao óleo de Luis Yusty García alt=Leizán|miniatura|"Leizán" Pintura ao óleo de Luis Yusty García alt=Pescador|miniatura|"Pescador" Pintura ao óleo de Luis Yusty García
Traxectoria
En 1954 trasladouse coa súa familia a Madrid. En 1963 comezou os estudos universitarios na Escola de Enxeñería Naval da Universidade Complutense de Madrid. No verán de 1965 incorporouse á Milicia Naval Universitaria en San Fernando (Cádiz) e rematou o servizo militar na súa cidade natal. En Ferrol concluíu, matriculado por libre, os estudos na Escola de Enxeñería Técnica Naval.
En 1971 comezou a traballar como profesor de matemáticas no colexio Academia Dafonte e no colexio Jorge Juan de Narón, onde tamén impartiu clase de plástica e debuxo. En 1972 incorporouse como enxeñeiro técnico naval no estaleiro Bazán. No contexto da reconversión do sector naval trasladouse a Santiago de Compostela e comezou a traballar no departamento de realización da CRTVG.
Actividade teatral No 1971 fundou o grupo de teatro Ronsel, con alumnos de bacharelato do colexio Jorge Juan, de Narón; facía os ensaios nun local cedido polo Concello e actuaba no Círculo Mercantil de Xubia.
No 1972 incorporáronse á actividade teatral varios profesionais dos estaleiros e fundouse o grupo Arastora, que ademais da representación de obras se foi constituíndo en “Colectivo teatral Arastora”, con múltiples actividades no campo do teatro, tales como escrita de textos de teatro breve, conferencias e obradoiros relacionados coa técnica teatral, maquillaxe, interpretación, formación de actores e directores etc. Este grupo facía os ensaios e as xuntanzas nun local da Sociedade Inferniño.
Luis Yusty ampliou os seus coñecementos de escenografía, son e iluminación de forma autodidacta, e realizou en 1975 un curso de formación como director teatral en Madrid. No mesmo ano, o grupo de teatro Arastora incorporouse á asociación Toxos e Froles. A histórica entidade cultural retomou así a actividade teatral despois de moitos anos. alt=Bodegón con vela|miniatura|"Bodegón con vela" Pintura de Luis Yusty García Para superar as limitacións económicas do teatro amador, Luis Yusty elaborou e difundiu prácticos inventos, como os focos de teatroYusty, L. (1983). “Focos de Teatro”. En Muy Interesante. Nº 26. Xullo. Páxina 59. construídos con botes de lata, ou a técnica de impresión manual instantánea que permite imprimir múltiples copias dos escritos realizados durante as reunións.
En 1977 promoveu a fundación do Grupo Autónomo de Lectura de Obras (GALO), formado por sete persoas vinculadas a grupos de teatro locais: Eva Campo Rodríguez, Xaquín Lado, Ánxeles Lombao Valcarce, Gonzalo Rodríguez Calvo, María Antonia Sánchez Vigo, Delia Vázquez Vázquez e Luis Yusty García. O grupo de dramaturxia elabora fichas técnicas de obras teatrais e distribúeas a todos os grupos de teatro e asociacións interesadas. Entre os anos 1977 e 1979, elaborou un total de 81 fichas de obras de diversos autores, como Castelao, Eduardo Blanco Amor, Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro, Jenaro Marinhas del Valle, Ricardo Carvalho Calero, Xohana Torres, Roberto Vidal Bolaño e Manuel Lourenzo, entre outros. Na súa etapa final, máis de 50 grupos e asociacións figuran na listaxe de receptores das fichas elaboradas por membros do GALO.
En 1978, Arastora e o GALO participaron na creación da Asambleia do Teatro Galego da Bisbarra Ferrolana (ATG-BF), organizada ao abeiro da Asambleia do Teatro Galego (ATG), que iniciara a súa andaina uns meses antes en Santiago. A ATG-BF estaba integrada polos grupos Círculo de Perlío, Agarimo, Arastora, Pequeno Obradoiro de Teatro, GALO, Malveira (de Cariño) e La Salle de Ferrol, co obxectivo de coordinación de actividades. Realizou reunións periódicas en diversas localidades da comarca e propuxo a creación dunha rede de teatros municipais.
Política e sociedade No ámbito político e social, Yusty participou nas negociacións previas á aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 como secretario de organización do Partido Galeguista (PG).“Semana de actos en San Valentín”. En La Voz de Galicia. 10 de febreiro de 1980. Páxina 50.“Mesa redonda sobre el Estatuto de Autonomía, organizada por el centro San Valentín de Fene”. En La Voz de Galicia. 13 de febreiro de 1980. Páxina 27. As conversas culminaron cos denominados Pactos do Hostal, do 29 de setembro de 1980, nos que se modificou o texto coñecido como “Estatuto dos dezaseis”, aumentando as competencias autonómicas. A versión modificada do Estatuto de Autonomía de Galicia foi aprobada en referendo o 21 de decembro de 1980.
No xornal La Voz de Galicia colaborou redactando unha columna de crítica teatral, Yusty, L. (1982). “Mari Gaila en 'acto cultural'”. En La Voz de Galicia ("Cultura"). 22 de xullo. na que analizaba e comentaba as obras en cartel. Publicou caricaturasYusty, L. (1983). “Caricatura de Gonzalo Torrente Ballester”. En La Voz de Galicia. 30 de marzo. Páxina 24. de personaxes contemporáneos e varios artigos de opinión. Simultaneamente colaborou como membro do xurado en concursos de textos teatrais organizados pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Distincións
En 1968, Yusty acadou o segundo premio no concurso de pintura convocado pola Comisión de Festas de Ferrol Vello. En 1971 recibiu un premio de poesía da Sociedade Artística Ferrolá (SAF).
Vida persoal
Casou en 1972 coa profesora Eva Campo Rodríguez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1945
Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes