Ainize Barea Núñez, nada en Arrigorriaga o 25 de xaneiro de 1992, máis coñecida como Peke, é unha futbolista española que xoga como dianteira.
Traxectoria Nacida en Arrigorriaga, durante a súa infancia practicou fútbol sala, ata que ingresou na canteira do CD Ugao. Ata os 12 anos compaxinou o fútbol coa pelota vasca, decantándose finalmente polo primeiro. O seu adestrador no Ugao, David Ibáñez, deulle o alcume de Peke, debido á súa curta estatura e para diferenciala das outras dúas Ainizes que había no equipo. Despois de oito anos na liga vasca, en 2015 debutou na Primeira División nas filas do Santa Teresa de Badaxoz. Unha rotura de ligamento cruzado anterior obrigouna a unha cirurxía en marzo de 2016, permanecendo de baixa ata outubro.
En 2017 fichou polo Deportivo da Coruña, onde xogou en varios postos, como extremo e centrocampista ofensiva, ata ocupar a posición de dianteira.
No club galego mantivo altos rexistros goleadores, chegando incluso a marcar tres tripletes consecutivos en 10 días, e converteuse na máxima goleadora da historia do club, tras superar a Estefanía Pabst. Deixou o club no verán de 2021, con 84 goles en 106 partidos oficiais, fichando a continuación polo Athletic Club.
Militou durante catro anos no club vasco, co que marcou 10 goles en 63 partidos oficiais. En setembro de 2025 anunciouse que non continuaría no club bilbaíno.
Notas
Categoría:Nados en Arrigorriaga Categoría:Nados en 1992 Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadoras do Deportivo da Coruña Feminino