The Dow Chemical Company é unha corporación multinacional, con sede central situada en Midland, no Estado de Míchigan. É unha das empresas químicas máis grandes do mundo, xunto con BASF e DuPont, coa que estivo fusionada entre 2015 e 2019.Dow Chemical e DuPont foron rivais, logo fusionáronse (DowDuPont), e agora son de novo compañías separadas, pero derivadas desa fusión. miniatura|Plástico producido por Dow.|150x150px|esquerda
Historia Foi fundada na década de 1890. miniatura|Planta en Leioa, País Vasco.|267x267px A súa actividade caracterízase pola innumerable produción de reactivos químicos, fabricando por exemplo napalm (gasolina xelatinosa) até 1969 e de placas fotovoltaicas de película fina.
The Dow Chemical Company, ten presenza en 175 países, 43.000 empregados e vendas anuais por 49.000 millóns de dólares. miniatura|Planta en King's Lynn, Inglaterra.|267x267px O 11 de decembro de 2015 anunciou a súa fusión cun dos seus principais competidores, DuPont, formando DowDuPont, dando lugar á maior empresa química do mundo valorada en 130.000 millóns de dólares dos cales Dow Chemical ten unha capitalización de 66.000 millóns de dólares e o valor en bolsa de DuPont supera os 65.300 millóns.
O portugués José Soares de Pina foi directivo de Dow Chemical antes de ser nomeado director executivo de Altri.
O desastre de Bhopal, ocorrido o 3 de decembro de 1984 na rexión de Bhopal, India, orixinouse ao producirse unha fuga de 42 toneladas de isocianato de metilo nunha fábrica de pesticidas propiedade da compañía estadounidense Union Carbide (parte de cuxos activos foron posteriormente adquiridos por Dow Chemical).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Augas escuras DuPont Coalición Global do Clima
Ligazóns externas
Dow abre fábrica en Alemaña para atender o mercado europeo de paneis solares de película fina (en castelán)
Páxina web oficial (en inglés)
Categoría:Empresas dos Estados Unidos de América Categoría:Empresas químicas Categoría:Empresas fundadas en 1897