miniatura|358x358px|O Palacio das Academias de Bruxelas, sede da Conferencia.
A Conferencia Monetaria de Bruxelas de 1892, inaugurada en novembro e clausurada en decembro dese ano, foi a cuarta e derradeira dunha serie de conferencias monetarias de carácter internacional no derradeiro terzo do século XIX e no primeiro do XX.
A conferencia tivo lugar no prestixioso Palacio das Academias, ao leste da praza dos Palacios de Bruxelas, e estivo presidida polo industrial e político belga Georges Montefiore-Levi.Andrews, E. B. (1893). Páxina 203.
Desenvolvemento Logo da clausura da Conferencia Monetaria de París de 1881, crecía a preocupación pola escaseza de ouro e a caída do prezo relativo da prata, o que perturbaba o sistema monetario internacional. Tras varios intentos errados, esta cuarta e derradeira das conferencias monetarias internacionais do século XIX reuniuse en Bruxelas en novembro de 1892 por iniciativa do presidente estadounidense Benjamin Harrison.Walker, F. A. (1896). Páxina 224.miniatura|245x245px|O industrial e político belga Georges Montefiore-Levi, presidente da Conferencia."Album de portraits des familles Montefiore et Cahen d'Anvers". Gallica.bnf.fr
Además dos Estados Unidos e Bélxica, participaron no encontro delegados de Alemaña, o Imperio Austrio-Húngaro, Dinamarca, España, Francia, Grecia, a India británica, Italia, México, Noruega, o Imperio Otomán, os Países Baixos, Portugal, o Reino Unido, Romanía, Rusia, Suecia e Suíza.Andrews, E. B. (1893). Páxinas 203-204. De xeito diferente ás conferencias anteriores, Noruega tivo unha delegación separada da de Suecia, e a India tivo unha delegación propia á marxe da do Reino Unido.Russell, H. B. (1898). Páxinas 377-378.
Ao inaugurar a conferencia no Salón de Mármore do Palacio das Academias, o primeiro ministro belga, Auguste Beernaert, referiuse ao encontro como «a conferencia máis importante xamais celebrada en Bruxelas»."Welcomed to Brussels; Formal Opening of the International Conference". En New York Times. 23 de novembro de 1892.
A demora na celebración desta conferencia, case unha década despois da anterior, debeuse á ausencia de propostas concretas por parte do Goberno dos Estados Unidos, e cando estas se presentaron resultaron ser só unha reafirmación da política bimetálica, sen ningún avance respecto ás discusións anteriores. Os delegados estadounidenses tamén suxeriron que se considerasen os plans de reforma formulados no pasado recente por Moritz Levy —na conferencia de 1881— e polo académico e economista alemán Adolf Soetbeer, que acababa de falecer.Andrews, E. B. (1893). Páxina 204. Por petición dos delegados británicos, a conferencia tamén revisou os plans de reforma presentados polo banqueiro inglés Alfred de Rothschild."The Rothschild Plan; English Delegates Desire to Have It Debated". En New York Times. 5 de decembro de 1892.
A conferencia terminou en fracaso;Wiegand, J. (2023). "Gold, Silver, and Monetary Stability". International Monetary Fund (IMF.org). o 17 de decembro de 1892 decidiuse adiar a súa conclusión e para ese efecto estableceuse nunha nova convocatoria para o 30 de maio de 1893, aínda que esta nova xuntanza non chegou a se producir.Andrews, E. B. (1893). Páxina 216.
Na conferencia, o académico alemán Julius Wolff presentou un proxecto visionario para unha moeda internacional que se utilizaría para préstamos de emerxencia aos bancos centrais nacionais e que sería emitida por unha institución con sede nun país neutral.Toniolo, G. (2005). Central Bank Cooperation at the Bank for International Settlements, 1930-1973. Cambridge University Press. Páxina 21. ISBN 9780521845519
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Andrews, E. B. (1893). "The Monetary Conference of 1892". En Political Science Quarterly. Vol. 8. Nº 2. Páxinas 197-219. Russell, H. B. (1898). "Proposed Plans for a Larger Use of Silver: the Conference of 1892". En International Monetary Conferences: Their Purposes, Character and Results, with a Study of the Conditions of Currency and Finance in Europe and America during Intervening Periods, and in their Relation to International Action. Harper & Brothers, Nova York. Páxinas 376-408. Walker, F. A. (1896). "The Conference of 1892". En International Bimetallism. Henry Holt and Co., Nova York. Páxinas 224-232.
Outros artigos
Conferencia Monetaria de París (1867) Conferencia Monetaria de París (1878) Conferencia Monetaria de París (1881) Unión Monetaria Latina
Categoría:Congresos Categoría:Unións monetarias Categoría:Política monetaria Categoría:Historia da economía Categoría:Moedas