upright|dereita|miniatura|Un neno escravo en Zanzíbar. upright|miniatura|Cédula de identificación persoal ou «carné de identidade» dun escravo de cor negra de 10 anos de idade, chamado Benito Criollo, de oficio servo e con destino na Habana. upright|miniatura|A escravitude no Brasil, de Jean-Baptiste Debret. upright|miniatura|Anuncio publicado na prensa cubana da Habana, en 1839. No mesmo anuncio véndense negros escravos, cabalos e samesugas. miniatura|Rexistro dun escravo recentemente nado, de nome Bruno, en Porto Rico. Ano 1868. O termo escravitude designa a condición social do escravo, un traballador non libre e, polo xeral, non remunerado, que é xuridicamente a propiedade doutra persoa e, en consecuencia, negociábel, como un obxecto. En sentido lato, a escravitude ou escravismo é o sistema socioeconómico fundado sobre o mantemento e a explotación de persoas en ditas condicións.
Os escravos están obrigados a obedecer todas as ordes do seu amo desde o momento en que adquiren tal condición (sexa desde o nacemento ou noutro calquera momento da súa vida no que se efectuase o paso ao estado de escravo) ata o cesamento de tal status (por morte ou por ser liberado).
En tanto que propiedade, o escravo pode ser obxecto das transferencias inherentes á noción de propiedade: pode ser comprado, vendido e aínda alugado.
O escravo distínguese do cativo ou do forzado, condicións próximas polo estado de explotación, e da besta de carga, por un status xurídico propio, determinado polas regras e as leis en vigor no país e época considerada.
A Organización das Nacións Unidas conmemora o día 25 de marzo como o Día Internacional en Lembranza das Vítimas da Escravitude e a Trata Transatlántica de Escravos, co obxectivo de homenaxear e lembrar a todos aqueles que sufriron e morreron baixo o sistema de escravitude, así como xerar conciencia sobre os perigos do racismo e os prexuízos aínda existentes."El Día Internacional de las Víctimas de la Esclavitud estrena monumento", en La Voz de Galicia, supl. La Voz de la Escuela 25.03.2015
Definicións Etimoloxía O termo "moderno" escravitude ven do latín medieval sclavus deformación de slavus (eslavo), do grego sklabos. A palabra «escravo» aparecería na Alta Idade Media en Venecia, onde a maioría dos escravos eran eslavos procedentes dos Balcáns (rexión que por longo tempo foi chamada «Esclavonia» e da que parte, denominada aínda Eslovenia, accedeu recentemente á independencia).
En Roma onde se practicaba a escravitude, o latín dispuña evidentemente dun termo para designar o escravo: servus, de onde proceden os vocábulos servil e servilismo (relativos ao escravo e a súa condición), así como servo, tan difundido na Idade Media e os modernos servizo, servidor etc., con cambios de sentidos na súa evolución. O termo servidume úsase actualmente en sentido especializado, restrinxíndose para as formas medievais e outras similares en diferentes épocas, e diferénciase da escravitude, por canto se entende que os servos tiñan certos dereitos.
Definición da R.A.G. O Dicionario da Real Academia Galega define escravitude como condición ou estado de escravo. E define o escravo así: persoa que non goza de liberdade cívica, que está baixo a dependencia total dun xefe ou dun Estado. Engade outras definicións figuradas.
Definicións xurídicas
Varios documentos internacionais propoñen definicións da escravitude:
A Convención relativa á escravitude (1926) da Sociedade de Nacións dispón no seu primeiro artigo que "A escravitude é o estado ou condición dun individuo sobre do cal se exercen as atribucións do dereito de propiedade ou algunhas de entre elas". O artigo define tamén a trata de escravos como "todo acto de captura, adquisición ou cesión dun individuo con vistas a reducilo á escravitude; todo acto de adquisición dun escravo con vistas a vendelo ou trocalo; todo acto de cesión por venda ou troca dun escravo adquirido con vistas a ser vendido ou trocado, así como, en xeral, todo acto de comercio ou transporte de escravos". A Organización Internacional do traballo adoptou en 1930 unha definición de traballo forzado que se pode achegar á de escravitude: "o termo traballo forzado ou obrigatorio designará todo traballo ou servizo esixido a un individuo so a ameaza dunha pena calquera e para o cal o dito individuo non se ofrecera de grao pleno". A Convención sobre a abolición da Escravitude (1956) da ONU remite á definición de 1929, engadindo ao artigo primeiro a lista de varias "institucións e prácticas análogas á escravitude", así: servidume por débedas, servidume, matrimonio forzado etc.
Historia da escravitude Ver artigo principal Historia da escravitude A escravitude na antigüidade
miniatura|upright|Antigo Exipto Desde o Neolítico pode fundamentarse teoricamente a escravitude de seres humanos. Difícil de constatar no simple rexistro arqueolóxico, aparece, porén, nos textos escritos máis antigos, como nos primeiros documentos das civilizacións mesopotámica (p.ex. o Código de Hammurabi) e exipcia ou na Grecia antiga na Ilíada ou na Odisea, que describen sociedades da Idade de Bronce.
Os primeiros escritos nos que se ten constancia da presenza de escravos nunha gran civilización é en Mesopotamia durante a época sumeria, aínda que moi limitada. No Antigo Exipto un número de escravos suficiente como para ter certa importancia social deuse soamente nalgúns períodos, especialmente no Imperio Novo. Os seus rivais, os hititas, escravizaban aos prisioneiros de guerra, situación común entre moitas sociedades antigas: moitos escravos proviñan das conquistas. En Roma, tamén eran recollidos polos traficantes de escravos os nenos abandonados, por exemplo, na porta das casas, cando o pater familias non quería recoñecer a súa paternidade, xa que el posuía o poder do «ius exponendi». Un home libre tamén podía converterse en escravo para ter que pagar unha multa por cometer algún delito.
Debatese se as culturas mesoamericanas, que coñecían a roda, non chegaron a empregala con fins utilitarios por mor dunha sobreabundancia de escravos.
miniatura|upright|esquerda|Antiga Grecia A escravitude como práctica social e económica foi usual na antigüidade grecorromana. O status social e o papel dos escravos era considerado inferior, sen valor ou inexistente en relación cunha persoa libre. A sociedade da Antiga Grecia tiña fundamentada filosoficamente a escravitude que, para Aristóteles era a garantía indispensable para que os homes libres puidesen dedicar o seu tempo á política e bo goberno da cidade. Os rexistros de escravitude na antiga Grecia comezan coa Grecia micénica. A Atenas clásica tiña a maior poboación de escravos, con ata 80.000 nos séculos VI e V a.C. Na antiga Roma a práctica da escravitude regúlase, nalgunhas ocasións ao mínimo detalle, establecéndose a manumisión como fórmula de liberación dos escravos, sempre con causa. Do século V a.C. ao século I a.C. é a época de maior implantación e extensión da escravitude. As guerras de conquistas emprendidas pola República Romana significaron a adquisición de numerosos escravos.
Mentres as Altas Culturas orientais ou americanas, non foron propiamente sociedades escravistas, debido a que favoreceron o traballo obrigatorio dos seus súbditos, a civilización grecorromana, e especialmente Roma, estivo baseada no traballo escravista nunha alta proporción, tanto no espazo doméstico como, sobre todo na explotación intensiva dos latifundios e das minas. A guerra convértese no principal medio de aprovisionamento dunha man de obra servil, maioritariamente de fenotipo de pel branca, que apenas se deixa reproducir, pero que ademais é liberada (manumisión) con frecuencia. Os escravos usábanse para o traballo, así como para divertirse (por exemplo, gladiadores e escravos sexuais). As duras condicións de traballo impostas no campo ou nas minas, conduciron a levantamentos dos escravos, dos que o máis coñecido foi a rebelión liderada por Espártaco. As dificultades de fornecemento de novos escravos durante o Baixo Imperio, conduciu á transformación paulatina do réxime escravista nun sistema de servidume. miniatura|upright|Mercado de escravos na antiga Roma, de Jean-Léon Gérôme A noción de escravitude, na Antiga Roma, designaba as condicións sociais máis dispares. Un escravo podía ser, tanto un criado ou servente como o ministro de Economía do emperador, o profesor de grego e latín dos fillos dun lexislador romano como un gladiador.
Os escravos non posuían unha habitación onde durmir, simplemente deitábanse no chan en calquera recuncho da casa. Cada romano de mediana fortuna posuía, polo menos, un par de escravos. Saía da súa casa acompañado xeralmente por un mentres o outro permanecía encerrado en casa. Os escravos comían as sobras da comida dos seus amos, o que, nun pobo sen fame, podía significar comer mellor que moitos homes libres. A liña divisoria entre os homes libres e os escravos era moi importante. Os primeiros non podían, legalmente, ser sometidos a tortura, nin queimados vivos nin mallados. Os escravos si, polos seus propios amos ou por un xuíz.
Os escravos non podían casar nin exercer a paternidade. O dono dos fillos dos escravos era o pater familias. Os mercadores de escravos recollían aos bebés abandonados que estaban expostos nos santuarios para convertelos en escravos. Había escravos que chegaban a ocupar cargos públicos na administración dos bens dos seus amos pero tamén podían ser traballadores do campo ou artesáns: a maioría dos artesáns ou oleiros en Arezzo, por exemplo, eran escravos. Se non eran campesiños podían ser criados no servizo doméstico. Un escravo podía ser un cantante que cantaba para o amo, un arquitecto que construía para o príncipe, ou un gramático.
A finais da era republicana, a escravitude converteuse nun piar económico da riqueza romana, así como da sociedade romana. Estímase que o 25% ou máis da poboación da Roma antiga estaba escrava, aínda que a porcentaxe real é debatida polos estudosos e varía dunha rexión a outra. Os escravos representaban entre o 15 e o 25% da poboación italiana, principalmente cativos de guerra, especialmente da Galia e Epiro. As estimacións do número de escravos durante o Imperio Romano suxiren que a maioría estaban espallados polas provincias fóra de Italia. En xeral, os escravos en Italia eran italianos indíxenas. Calcúlase que os estranxeiros (incluídos escravos e libertos) nacidos fóra de Italia alcanzaron o 5% do total na capital, onde o seu número era maior. Os de fóra de Europa eran predominantemente de ascendencia grega. Os escravos xudeus nunca chegaron a asimilarse plenamente á sociedade romana, permanecendo como unha minoría identificable. Estes escravos (especialmente os estranxeiros) tiñan maiores taxas de mortalidade e menores taxas de natalidade que os nativos e ás veces eran obxecto de expulsións masivas. A idade media de falecemento dos escravos en Roma era de dezasete anos e medio (17,2 para os homes e 17,9 para as mulleres).
Moita da escravitude medieval era agraria (ao ser unha sociedade rural) e doméstica, e no Imperio Romano, co avance do cristianismo, foise suavizando a situación dos escravos, coa subida ao poder de Constantino I o Grande, xa se estaba producindo unha síntese entre a romanidade cristiá e a xermanidade pagá, o que introduciu no Imperio a servidume xermánica, que foi legalizada como castigo máis benigno que a condena á morte, polo mesmo Constantino mediante un edicto no 322.
No 316, baixo a influencia do bispo hispano Osio de Córdoba, o emperador Constantino concedeu aos bispos a manumissio in Ecclesia, que creou a facultade de emancipar escravos nas igrexas, un proceso máis simple e directo que a complexa emancipación por tribunal que se empregaba desde tempos republicanos.
Europa Medieval miniatura|upright|Principais rutas musulmáns de tráfico de escravos en África.