Álvaro Vila Araújo, nado en Taboadela o 17 de abril de 1965, é un funcionario e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Funcionario de prisións, militante do PSdeG de Ourense desde hai máis de 30 anos. Nas eleccións municipais de 2003 formou parte da candidatura do PSdeG-PSOE en Taboadela, se ben non resultou elixido concelleiro. Nas municipais de 2007 foi o cabeza de lista da candidatura e foi elixido concelleiro, sendo a segunda forza máis votada. Repetiu como cabeza de lista nas seguintes eleccións de 2011 e 2015, con resultados similares, se ben foi recortando distancias co PPdeG. Foi deputado provincial dende decembro de 2014 ata xuño de 2015, trala renuncia dun compañeiro.

Formou parte da "Terceira Vía", unha das correntes internas do PSdeG en Ourense que xurdira para tratar de limar as disputas internas do partido, e da cal en 2017 era un dos representantes e cabeza visible. Nos procesos de primarias estatal e autonómico esta corrente apoiou a Pedro Sánchez e a Gonzalo Caballero, respectivamente. Vila presentou a súa candidatura para a Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Ourense en novembro de 2017. No mes de decembro integrou a súa candidatura na de Rafael Rodríguez Villarino, entón alcalde de Amoeiro que anteriormente era afín a Pachi Vázquez, logrando finalemente este a Secretaría Xeral e pasando a ser Vila o vicesecretario xeral da nova Executiva Provincial.

Nas municipais de 2019 encabezou de novo a candidatura socialista en Taboadela e conseguiu se-la forza máis votada, desbancando por primeira vez a dereita no concello. Desta forma, foi elixido alcalde e formou goberno co único concelleiro de Ciudadanos. Foi designado deputado provincial. Continuou como vicesecretario provincial tralo Congreso de febreiro de 2022. Nas municipais de 2023 foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Foi novamente designado deputado na Deputación de Ourense, sendo ademais o candidato socialista á presidencia da Deputación e portavoz do grupo socialista.

En abril de 2025 presentouse á Secretaría Xeral do PSdeG na provincia de Ourense, e resultou finalmente elixido ao impoñerse nas eleccións primarias á alcaldesa de Trives, Patricia DomínguezÁlvaro Vila Araújo, nuevo líder del PSOE provincial de Ourense.

Vida persoal Está casado e ten 2 fillas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Taboadela

Categoría:Alcaldes de Taboadela Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Taboadela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes