Odón José Abel Isaac Esteire Pardo, nado en Vilartelín (Baralla) o 12 de febreiro de 1908 e finado en Madrid en outubro de 1977, foi un mestre, avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de José Esteire Varela, que marchou a Cuba en 1916,BOP Lugo, 18-2-1922, p. 2. e Manuela Pardo Alfonso. Foi compañeiro de bacharelato de Ánxel Fole."Esteire, Odón", Diccionario de Fole, p. 139-140. Estudou maxisterio na Normal de Zamora.La Voz de la Verdad, 16-10-1928, p. 1. Mestre interino da Veiga de Logares (A Fonsagrada) en febreiro de 1928,La Provincia, 15-2-1928, p. 1. pasou a exercer en Aldea (Pol) a partir de xullo dese ano,El Regional, 3-7-1928, p. 2.La Voz de la Verdad, 12-2-1929, p. 1. en novembro de 1930 foi nomeado mestre interino de Adai (O Corgo).El Progreso, 5-11-1930, p. 2. Coa proclamación da República foi nomeado presidente da Comisión xestora de Neira de Xusá en abril de 1931.BOP Lugo, 4-5-1931, p. 2-3.BOP Lugo, 15-10-1931, p. 3. Foi mestre en Xudán (A Pontenova) dende 1932,El Magisterio Español, 19-1-1932, p. 9. e despois en Viveiro.
Combatiu no bando sublevado na guerra civil, foi alférez provisional e resultou ferido.BOE, 4-2-1939, p. 676. Como resultado do proceso de depuración foi sancionado con inhabilitación para cargos directivos en 1942.BOP Lugo, 24-7-1942, p. 1. Tenente fiscal militar en Madrid en 1943, onde era coñecido como Otto Odón Esteire de Pardo Montenegro, foi contratado como avogado para intentar sacar da cadea de Porlier e encargarse da defensa dos militantes comunistas Ramón Guerreiro Gómez, Jesús Bayón, Manuel Chércoles, Hortensio Barajas e outros, polo que recibiu diñeiro dos familiares; Odón foi procesado, pero finalmente absolto. Mestre na escola de Vilartelín dende 1943,BOE, 22-8-1943, p. 8174. colaborou en Finisterre asinando como Otto Odón.Finisterre, 31, outubro 1946, p. 27. Incoáronlle varios expedientes gobernativos por abandono de destino,BOP Lugo, 14-4-1945, p. 1.BOP Lugo, 1-12-1953, p. 1. ata que finalmente foi sancionado coa separación do servizo como mestre por Orden ministerial de 3 de xuño de 1958.BOE, 15-1-1959, p. 782-783. Estudou Dereito na Universidade de Valladolid, rematando en 1959. Ese mesmo ano colexiouse como avogado no Colexio de Madrid. Finou en Madrid en outubro de 1977.El País, 18-10-1977, p. 29.Necolóxica en ABC, 25-1-1978, p. 78.
Notas
Véxase tamén Liagazóns externas Expediente persoal de colexiado de Odón Esteire Pardo
Categoría:Profesores de Galicia
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Alcaldes de Baralla Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Baralla Categoría:Nados en 1908
Categoría:Finados en 1977