A Catedral de Santa María (en ); en ), cuxo nome completo é Catedral Episcopal da Santa Virxe María de Talín (en ), é unha catedral luterana que se atopa no outeiro de Toompea, na cidade vella de Talín, a cidade capital de Estonia. Estabelecida no século XIII, é a igrexa máis antiga de Talín e da Estonia continental, e o único edificio de Toompea que sobreviviu ao incendio do século XVII.

A igrexa foi creada orixinalmente no século XIII como catedral católica, despois de que Talín e o norte de Estonia fosen conquistados polo Reino de Dinamarca durante as Cruzadas do Norte. Despois da reforma protestante, a igrexa converteuse en luterana en 1561, e agora é a sede do arcebispo de Talín, líder espiritual e presidente do sínodo gobernante da Igrexa Evanxélica Luterana Estoniana.

A igrexa é un monumento cultural nacional de Estonia dende o 20 de setembro de 1995.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Arquitectura de Estonia

Categoría:Catedrais de Estonia Categoría:Talín Talin