Francisco Noa, nado en Inhambane (Mozambique) en 1962, é un escritor e profesor universitario mozambicano.
Traxectoria
É doutorado en Literaturas Africanas de Lingua Portuguesa pola Universidade Nova de Lisboa (2001). É profesor de Literatura Moçambicana, na Universidade Eduardo Mondlane (Maputo), e investigador no Centro de Estudos Sociais Aquino de Bragança (CESAB). É investigador asociado do Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coimbra e profesor convidado en varias universidades. Foi profesor visitante no Brasil, Costa de Marfil, Angola e España. Foi membro de xurados de literatura como o Premio Camões (2006, 2007) e o Premio Oceanos (2018, 2019, 2021). Foi investigador asociado na Universidade de Coimbra. Ten colabora coa Universidade de Santiago de Compostela.
Participou na creación de bibliotecas comunitarias en Sofala e Manica (2007-2008). Tamén foi fundador e director de publicacións científicas (Humanitas) e literarias (Proler). Membro de institucións e asociacións científicas internacionais en Francia, Estados Unidos, Portugal e Brasil. Desde marzo de 2023 é Membro Correspondente Estranxeiro da Academia de Ciências de Lisboa.
Os seus estudos versan sobre os temas da colonialidade, nacionalidade e transnacionalidade literaria, a literatura como coñecemento e o diálogo intercultural no Oceano Índico, a partir da literatura.
Obras
Literatura Moçambicana. Memória e Conflito (1997). Imprensa Universitária. A Escrita Infinita (1998). Livraria Universitária. 2ª edición, Ndjira, 2013. Império, Mito e Miopia. Moçambique como Invenção Literária (2002). Caminho. BCI Literature Prize, 2014. A Letra, a Sombra e a Água (2008) . Texto Editores. Perto do Fragmento, a Totalidade. Olhares sobre a literatura e o mundo (2012). Ndjira. Uns e Outros na Literatura Moçambicana – Ensaios (2016) Além do Túnel: Ensaios e Travessias (2020)
Premios
2015: Prémio BCI - AEMO (Associação de Escritores Moçambicanos) de Literatura, polo volume de ensaios Perto do Fragmento, a Totalidade. Olhares sobre a literatura e o mundo
Notas
Categoría:Nados en Mozambique Categoría:Nados en 1962 Categoría:Escritores en lingua portuguesa