Mare Vint, nada como Mare Mänd en Talín o 15 de setembro de 1942 e finada o 10 de maio de 2020, foi unha artista gráfica estoniana. Nas súas obras principalmente procurou describir unha "paisaxe ideal".

Traxectoria Despois de rematar secundaria en 1961, entre 1962 e 1967 estudou no Eesti NSV Riiklik Kunstiinstituut (actual Academia de Artes de Estonia) e graduouse como artista en cristal. Entre 1967 e 1969 traballou como profesora de arte nun instituto de Talín, e despois como artista autónoma. Desde 1973 foi membro do Sindicato de Artistas de Estonia.

Traballou con debuxo a lapis e tinta, e desde 1972 con litografía. Desde mediados da década de 1960 e comezos da de 1970 creou un estilo caracterizado polo contraste do branco e negro dos seus debuxos, cunha presenza moi ocasional da cor.

Recoñecementos

En 2015 recibiu a IV clase da Orde da Estrela Branca. Vida persoal

En 1967 casou co artista gráfico Tõnis Vint mais divorciáronse en 1976. En 1987 casou co pintor Andres Tolts, quen faleceu en 2014.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1942

Categoría:Nados en Talín Categoría:Finados en 2020 Categoría:Pintores de Estonia