A tempada 2001-2002 da Naisten SM-sarja foi a 20ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia.

Ao finalizar a tempada as Blues gañaron o terceiro campionato da súa historia logo de derrotar nas finais (3-1) o IHK de Helsinqui. Pola súa banda as Kärpät conseguiron a medalla de bronce logo de derrotar ás xogadoras do Ilves no partido polo bronce (1-4).

Equipos participantes NomeCidadeBlues EspooIlves TampereIHK HelsinquiJYP JyväskyläK-Kissat HelsinquiKärpät OuluTappara Tampere

Rolda preliminar Os sete equipos participantes enfrontáronse nunha primeira fase en formato de liga a dobre volta no que cada equipo disputou 12 partidos. Os catro mellores equipos clasificáronse para o grupo final, mentres que o resto disputaron o grupo de promoción fronte os tres primeiros clasificados da segunda categoría.

Pos. Equipo PX V E (P) D GF GC DG Pts1Blues 12 10 1(0) 1 71 24 +47 212IHK 12 9 1(0) 2 59 22 +37 193Jyväskylä HC 12 6 1(0) 5 39 43 -4 134Ilves 12 2 5(1) 5 32 35 -3 105Tappara 12 4 2(0) 6 27 50 -23 106Kärpät 12 4 1(0) 7 30 42 -12 97K-Kissat 12 1 1(0) 10 24 66 -42 3

Grupo final No grupo final acumuláronse os resultados colleitados na rolda preliminar.

Pos. Equipo PX V E (P) D GF GC DG Pts1Blues 24 17 3(1) 4 128 56 +72 382IHK 24 18 2(0) 4 121 58 +63 383Ilves 24 6 6(2) 12 65 84 -19 204Jyväskylä HC 24 7 3(0) 14 60 99 -39 17

Play-offs As series polo título decidíronse entre os catro equipos que disputaron o grupo final, máis os dous mellores equipos do grupo pola permanencia con eliminatorias ao mellor de cinco partidos nas semifinais e final, mentres que os cuartos de final xogáronse a dobre volta.

Equipo campión O equipo das Blues que conquistou o campionato finlandés feminino na tempada 2001-02 estivo integrado polas seguintes xogadoras:

Blues Porteiras: Heidi Wiik, Mia Kataja, Heidi Virtanen

Patinadoras: Petra Vaarakallio, Karoliina Rantamäki, Marja-Helena Pälvilä, Päivi Halonen, Terhi Mertanen, Pia Lallukka, Piiamaria Kuosmanen, Oona Parviainen, Johanna Pelkonen, Marika Jestoi, Hanna Kuoppala, Satu Tuominen, Katri-Helena Luomajoki, Minna Pohjola, Sasa Kivisaari, Heli Romu, Sheila Kocay, Katja Lavonius </div>

Promoción Os dous mellores equipos clasificáronse para xogar os cuartos de final.

Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts1Kärpät 10 9 0 1 54 15 +39 182Tappara 10 7 0 3 58 27 +31 143K-Kissat 10 5 1 4 48 33 +15 114Ylöjärvi-Ilves 10 4 0 6 16 36 -20 85KS Noux 10 3 0 7 26 63 -37 66TPS 10 1 1 8 25 53 -28 3

Notas

2002 Categoría:Hóckey sobre xeo en 2001 Categoría:Hóckey sobre xeo en 2002