miniatura|Sinal de tráfico bilingüe en Nunavut. A transliteración de é . O silabario inuktitut ( , ou , ) é un sistema de escrita de tipo alfasilabario usado polos inuit de fala inuktitut no territorio canadense de Nunavut, así como na rexión de Nunavik (no Quebec) e de Nunatsiavut (en Labrador). En 1976, a Comisión Lingüística do Instituto Cultural Inuit converteuno na escrita cooficial das linguas inuit, xunto co alfabeto latino.
O nome () deriva da raíz , que significa "boca". O sistema de escrita alternativo, baseado no alfabeto latino chámase (), que deriva de , unha palabra que describe as marcas nas rochas. () significa "novo sistema de escrita" en constrate con (), o "antigo silabario" usado antes da reforma de 1976.
Historia Os primeiros esforzos para escribir inuktitut proviñan de misioneiros moravos en Groenlandia e Labrador a mediados do século XIX usando a escrita latina. O primeiro libro en inuktitut usando o silabario cree foi un panfleto de oito páxinas coñecido como Selections from the Gospels in the dialect of the Inuit of Little Whale River (, "Palabras de Xesús"), impreso por John Horden en 1855–1856 en Moose Factory para que Edwin Arthur Watkins os usase cos inuit en Chisasibi (daquela coñecido como Fort George). En novembro de 1865, Horden e Watkins reuníronse en Londres baixo a dirección de Henry Venn para adaptar o silabario cree á lingua inuktitut. Na década de 1870, Edmund Peck, outro misioneiro anglicano, comezou a imprimir textos segundo ese estándar. Outros misioneiros, e máis tarde lingüistas ao servizo dos gobernos canadense e estadounidense, adaptaron o alfabeto latino aos dialectos do delta do río Mackenzie, das illas árticas occidentais do Canadá e de Alasca.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Silabarios Categoría:Lingua inuktitut