O lago Ercina é un pequeno lago de montaña localizado nos Picos de Europa, na cordilleira Cantábrica asturiana. Está próximo ao lago Enol e xuntos forman o conxunto coñecido como lagos de Enol, dentro do Parque Nacional dos Picos de Europa.

Características Este lago ten unhas dimensións menores que o lago Enol, e a súa capacidade cúbica tamén é máis baixa. O lago Ercina está a 1.108 metros de altitude e a súa profundidade máxima é de 3 metros.

As características de similitude co lago Enol están ligadas á súa orixe (ambos os dous teñen unha orixe glaciar) e por suposto, a súa situación xeográfica, xa que se encontran separados pola picota de Enol mediando entre eles unha distancia inferior a seiscentos metros.

miniatura|esquerda|300px|O lago no verán.

Véxase tamén

Outros artigos Lagos de Enol

Ercina Categoría:Picos de Europa Categoría:Cangas de Onís