A Liga de Amigos da Coruña foi unha asociación cultural e recreativa que existiu na Coruña nos primeiros anos do século XX.
Historia miniatura|Cartel das festas da Coruña de 1907, organizadas pola Liga de Amigos. Foi fundada en 1903 co obxectivo de organizar as festas de María Pita da Coruña e de "fomentar e apoiar todo o que levase ao melloramento e engrandecemento da poboación". O seu primeiro presidente foi José María Riguera Montero. A sociedade foi a autora xa das festas de 1904, na que organizaron diferentes actividades como a Batalla de Flores, espectáculos pirotécnicos, cabalgatas ou regatas de traiñeiras nas que participaron equipos como os da Sala Calvet ou o Sporting Club Casino. Ese mesmo ano creouse un semanario como órgano da organización, co título de El Argos, dirixido por Carlos Pol. Durante os seguintes anos continuaron organizando as festas da cidade, incluíndo novas actividades como a primeira Cabalgata dos Reis Magos da historia de Galicia ou outras competicións deportivas como concursos hípicos ou o Campionato de Galicia e Asturias de fútbol.
En agosto de 1911 a Liga de Amigos puxo en marcha un festival de aviación no Campo da Estrada, no que se realizou o primeiro voo a motor da historia de Galicia, a cargo do piloto francés Georges Leforestier.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:A Coruña Categoría:Asociacións de Galicia