Tidaholm é un concello sueco no condado de Västra Götaland, que pertencía anteriormente ao desaparecido condado de Skaraborg. A súa capital é a localidade de Tidaholm. En decembro do ano 2024 o municipio tiña unha poboación de 12 805 habitantes.
Xeografía O concello está situado na parte oriental da provincia histórica de Västergötland e limita ao sueste co municipio de Habo e ao sur co de Mullsjö, ámbolos dous no condado de Jönköping, ao oeste co concello de Falköping, ao norte co de Skövde e ao nordés co de Hjo, estes no condado de Västra Götaland. O río Tidan flúe de sur a nordeste.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västra Götaland