Strömsund ñe un concello sueco no condado de Jämtland. A súa capital é a localidade de Strömsund.

No noroeste do municipio hai montañas relativamente baixas mentres que que no suroeste atópase un terreo de monte rico en lagos. A agricultura e a silvicultura tradicionais desapareceron case por completo e no seu lugar medrou o sector industrial.

A tendencia de poboación dende a década de 1930 vén sendo negativa, e entre 1960 e 2015 o concello perdeu máis da metade dos seus habitantes, que en decembro de 2024 eran 11 023.

Xeografía O concello limita ao oeste co municipio de Krokom e cos concellos noruegueses de Røyrvik e Lierne, no condado de Trøndelag, ao sur cos de Östersund e Ragunda no condado de Jämtlands, ao norte cos de Dorotea e Vilhelmina no condado de Västerbotten, e ao leste co de Sollefteå en Västernorrland. O concello atópase nas provincias históricas de Jämtland e Ångermanland, cunha pequena cuña ao norte do lago Tåsjön en Lappland.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Jämtland