Söderköping é un concello sueco no condado de Östergötland. A súa capital é a localidade de Söderköping.
A paisaxe varía nas distintas partes do concello. No leste hai un extenso arquipélago, e no norte hai unha forte falla. A industria turística foi importante durante moito tempo para o sector privado, grazas sobre todo á canle de Göta, que remata no concello, e ao arquipélago de Sankt Anna.
Dende a fundación do concello no ano 1971 a tendencia de poboación foi positiva, especialmente ata mediados da década de 1990. No ano 2024 o municipio tiña 14 789 habitantes.
Xeografía O concello atópase no leste da provincia histórica de Östergötland, con costa no mar Báltico e no arquipélago de Sankt Anna. Söderköping limita ao sur cos concellos de Valdemarsvik e Åtvidaberg, ao oeste co de Linköping e ao norte co de Norrköping, todos eles no condado de Östergötland.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Östergötland