Duarte Galbán, nado en Rianxo o 30 de xuño de 1992, é un humorista, creador e presentador galego.
Traxectoria Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa carreira diante da cámara no ano 2015.
Inicia a súa carreira como produtor e guionista de Lentes de Pallaso, unha webserie en galego que acadou nomeamentos nos premios Mestre Mateo. Participou en curtametraxes como Rural Horror Stories, que tamén produciu. A finais de 2017 participou na campaña de tráfico “Ti decides quen te leva”. Tamén nese ano protagonizou a campaña publicitaria “Vayaburrada”, viaxando da Coruña a Málaga á procura de historias relacionados con burros para que se incluíse unha emoticona coa figura deste animal en WhatsApp. Creou canda a Román Castaño Cousas de Rianxo.
Copresentou canda a Tamara Pérez o concurso da Televisión de Galicia O porquiño polo que vale! e foi reporteiro e colaborador en Aquí Galicia Tour, presentado por Lucía Rodríguez.
En 2019 formouse en Madrid, xunto ao presentador Roberto Leal, nun curso de improvisación, e preparou o espectáculo Vello aos vinte e pico!, que contou co cómico David Perdomo nas dúas primeiras datas baixo o nome de “Tempos Modernos”. No verán do 2019 formou parte do equipo de Adiviña quen vén esta tarde, na TVG. Presentou eventos como o Laconnetwork 2019 en Palexco, os Premios TIC Galicia, a Gala Amodiña ou a I Feira da Innovación 2019 no Gaiás, organizada pola USC, Abanca e a Xunta de Galicia.
Notas
Categoría:Presentadores de televisión de Galicia Categoría:Humoristas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Rianxo Categoría:Nados en 1992 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes