Une langue universelle (en ; Avaz boughalamoune) é un filme canadense de 2024 coescrito e dirixido por Matthew Rankin.
Recibiu valoracións positivas da crítica e foi nomeado un dos 5 mellores filmes internacionais de 2024 polo National Board of Review. Foi escollido como candidato do Canadá para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de decembro.
Sinopse Descrita como unha "comedia surrealista de desorientación" ambientada "algún lugar entre Teherán e Winnipeg", o filme mestura as historias aparentemente non relacionadas de Negin e Nazgol, que atopan diñeiro conxelado no xeo e intentan reclamalo; Massoud, un guía turístico en Winnipeg que dirixe un grupo turístico confuso e desorientado; e Matthew (Rankin), quen deixa o seu traballo pouco satisfactorio co goberno federal do Quebec e viaxa a casa a Winnipeg para visitar a súa nai.Melanie Goodfellow, "Best Friend Forever Boards Sales On Cannes Directors’ Fortnight Title ‘Universal Language’; Oscilloscope Takes U.S. Rights". Deadline Hollywood, 16 de abril de 2024.
Elenco Rojina Esmaeili Saba Vahedyousefi Sobhan Javadi Pirouz Nemati Mani Soleymanlou Danielle Fichaud Matthew Rankin
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Canadá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua persa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dirixidos por Matthew Rankin