Frei Domingo de las Casas, nado en 1507 e finado en Sevilla en 1539, foi un frade dominico español que tivo parte activa na conquista do territorio ao que se lle deu o nome de Novo Reino de Granada, na actual República de Colombia. Foi ademais o primeiro relixioso católico en evanxelizar os muiscas. Descoñécese o lugar e a data do seu nacemento, pero crese que puido ser parente (probablemente curmán irmán) do tamén dominico frei Bartolomé de las Casas. Fixo parte da expedición de Gonzalo Jiménez de Quesada, na que se fundaron varias vilas e cidades. O 6 de agosto de 1538 participou na fundación de Santafé de Bogotá; ese día, frei Domingo celebrou a primeira misa.Acosta de Samper, Soledad, (1833-1913), Biografías de hombres ilustres ó notables, relativas á la época del descubrimiento, conquista y colonización de la parte de América denominada actualmente EE. UU. de Colombia (Bogotá, Imprenta de la Luz, 1883), «CASAS (FRAY DOMINGO DE LAS)».

Traxectoria

Expedición de Jiménez de Quesada Sábese que frei Domingo de las Casas se graduou na Universidade de Salamanca, e que en 1533 chegou dende España ao territorio do que despois sería o Novo Reino de Granada. Despois de permanecer uns anos na costa Caribe do actual territorio colombiano, uniuse á expedición de Gonzalo Jiménez de Quesada con rumbo ao interior do territorio. A el e ao capelán Antón de Lezcámez encomendóuselles catequizar e bautizar os indíxenas que atopasen.Acosta de Samper, Soledad, ibíd.

Fundación de Chocontá O 9 de xuño de 1537, día de Pentecoste, a expedición comandada por Jiménez de Quesada chegou ao territorio muisca de Chocontá. Ese día, frei Domingo de las Casas celebrou a misa e deu á vila de "Pueblo del Espíritu Santo". Os cronistas españois rexistraron que, ao chegar Jiménez de Quesada a Chocontá, había un gran número de vivendas e unha poboación abondosa. O poboado estaba situado fronte ao actual, ao outro lado do río Funza (antigo nome do río Bogotá), no lugar que hoxe se coñece como Pueblo Viejo. Alcaldía de Chocontá - Nuestro Municipio - Historia

Conversión do utatiba de Suba En 1537, frei Domingo bautizou o utatiba (gobernante local) de Suba no seu leito de morte, por medio dun indíxena ao que os españois chamaban Pericón, capturado no camiño de Opón, e convertido en intérprete e catequista. Ese mesmo día foron bautizados tamén todos os vasalos do utatiba, habitantes de Suba.Campo del Pozo, Fernando, O.S.A., Los Agustinos en la Evangelización de Venezuela (Universidade Católica Andrés Bello; Caracas, 1979), páx. 221.

Fundación de Bogotá O 6 de agosto de 1538 Gonzalo Jiménez de Quesada fundou a cidade de Santafé de Bogotá, preto do territorio do zybyn de Muyquytá, habitado polos muiscas. Frei Domingo oficiou a primeira misa nunha igrexa con teito de palla. Despois da misa, Jiménez de Quesada repartiu entre os conquistadores o ouro e as esmeraldas que roubaran dos indíxenas, tesouro que nese momento ascendeu á suma de vinte mil casteláns, do cal correspondeu unha parte a frei Domingo,Goot, José Manuel, Historia eclesiástica y civil de Nueva Granada (Bogotá, Casa editorial de M. Rivas & Cía., 1889), páx. 66. quen quixo que a súa parte se destinase á construción dunha capelanía onde se dixesen misas polas almas dos conquistadores que morreran durante a viaxe. Porén, Jiménez de Quesada apropiouse daquela suma, e aínda que no seu testamento pediu que se construíse a capelanía, esta nunca se construíu por mor de que o conquistador deixou moitas débedas ao morrer.Acosta de Samper, Soledad, ibíd.

Morte En 1539, frei Domingo, moi prexudicado de saúde polos rigores da expedición, regresou a España e morreu aos poucos días en Sevilla.Acosta de Samper, Soledad, ibíd.

Notas

Categoría:Nados en 1507 Categoría:Finados en 1539 Categoría:Catolicismo en Colombia Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca