O ferreiriño africano (Cyanistes teneriffae) é unha especie de paxaro da familia Paridae. VIve no norte de África, illa Pantelleria (Italia) e as illas Canarias (España). O seu hábitat natural son os bosques temperados. Esta especie e o ferreiriño azul eran antes considerados a mesma especie. O status desta especie non foi avaliado porque é común nas illas de Tenerife e Gran Canaria. A especie utilizouse en moitas investigacións debido ás súas poboacións en illas e a relevancia para certas hipóteses evolutivas.
Distribución O ferreiriño africano atópase no norte de África, illa Pantelleria e illas Canarias. Está moi estendido nas illas de Tenerife e Gran Canaria, mais é escaso nas poboacións locais de Fuerteventura e Lanzarote.
Descrición
Ten unha lonxitude de 11 ou 12 cm. É un pequeno párido de corpo compacto e bico afiado. A raza nomeada ten unha fronte e liña superciliar ata o centro da caluga branca, píleo dunha intensa cor azul brillante, que se fai anegrado no pescozo, cun dorso azul e parte ventral do corpo amarelo. A canción é unha repetición variable dunha ou dúas notas.
Dieta A especie come diversas eirugas. A dieta non é significativamente diferente da do ferreiriño azul.
Hábitat
O ferreiriño africano prefire os bosques temperados, de zonas altas ou baixas. As áreas de terras baixas son as preferidas en Fuerteventura e Lanzarote, mais as poboacións de Tenerife e Gran Canaria prefiren os bosques montañosos.
Reprodución
A especie reprodúcese desde febreiro a xullo e tamén posiblemente desde outubro a xaneiro. Adoita reproducirse antes nos niveis altitudinais máis baixos que nas áreas montañosas. A posta de ovos ocorre cando o fotoperíodo é máis longo, e elixen compañeiros fóra da parella e sincronízanse coa maior densidade de eirugas dispoñibles como presas. É unha especie residente e os xoves permanecen no seu sitio natal; non se dispersan cando empluman.
Taxonomía dereita|miniatura|Razas das illas Canarias. miniatura|Distribución das razas das illas Canarias do ferreiriño africano: Verde: teneriffae Marrón: palmensis Azul: ombriosus Púrpura: hedwigii Amarelo: degener Esta especie e o ferreiriño azul eran antes considerados conespecíficos.
As subespecies son:
C. t. palmensis – La Palma, no noroeste das Canarias. C. t. ombriosus – El Hierro, no suroese das Canarias. C. t. teneriffae – La Gomera e Tenerife, no centrooeste das Canarias. C. t. hedwigii – Gran Canaria no centro das Canarias. C. t. degener – Lanzarote e Fuerteventura, no leste das Canarias. C. t. ultramarinus – Pantelleria (Italia), e noroeste de África desde Marrocos e cara ao leste ata o norte de Tunisia. C. t. cyrenaicae – nordés de Libia. Endémica das montañas e bosques, a miúdo considérase como unha especie separada para a que se propuxo o nome de Cyanistes cyrenaicae.https://lntreasures.com/libya.html As subespecies das illas Canarias teñen un píleo negro, e a forma Africana continental ten un dorso azul. Estanse a facer investigacións para dividir estas poboacións en diferentes especies, cunha peculiar distribución de "salto de ra". Investigacións publicadas en 2007 atoparon que o fereiriño africano do leste das illas Canarias, de Fuerteventura e Lanzarote, é indistinguible do do norte de África e así a subespecie degener debería ser considerada como sinónima de ultramarinus.
Notas
Categoría:Páridos Categoría:Animais descritos en 1831