A teoría queer (en ) é un eido da teoría crítica postestruturalista que xurdiu a comezos da década dos 90 dende os campos dos estudos queer e dos estudos das mulleres. O termo adoita asociarse coa análise e teorización sobre as prácticas sexuais e de xénero que existen para alén da heterosexualidade, e que poñen en dúbida a heteronormatividade. A partir dos desenvolvementos do construtivismo social en socioloxía, as persoas que traballan na teoría queer acostuman a criticar o que consideran comprensións esencialistas da sexualidade e do xénero. No seu lugar, estudan estes conceptos como fenómenos socioculturais a través das categorías, binarismos e linguaxes mediante os que se manifestan.

Entre as figuras intelectuais asociadas á creación da teoría queer destacan Michel Foucault, Gloria Anzaldúa, Eve Kosofsky Sedgwick ou Judith Butler.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Teoría queer Categoría:Ciencias sociais Categoría:Sexualidade humana Categoría:Xénero