Xasón de Argos (latín: Iason, grego antigo: ) (século II) foi un historiador grego que, segundo a enciclopedia Suídas, era máis novo que Plutarco, polo que viviu na época do emperador Hadriano. Suídas tamén di que era gramático, e un gramático chamado Xasón aparece mencionado no Etymologicum Magnum. Traxectoria Escribiu unha obra que incluía a primeira historia de Grecia (ἀρχαιολογία) en catro libros e a historia entre as guerras médicas e a morte de Alexandre Magno e a conquista de Atenas polo rexente Antípatro, pai de Casandro. O libro coñecido como Περὶ Κνίδου parece que formou parte desta historia, e a obra tería por título Περὶ τῶν Ἀλεξάνδρου ἱερὼν. É mencionado por Ateneo de Naucratis e Estevo de Bizancio, e Fabricio inclúeo na Bibliotheca Graeca3.Jason of Argos en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. II Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 556. Notas

Categoría:Personalidades sen imaxes categoría:historiadores Categoría:Nados no século II Categoría:Finados no século II Categoría:Personalidades de Argos na Antigüidade