Marcial Moure González, finado na Estrada o 10 de xaneiro de 1894, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria Foi un dos membros do Comité Republicano de Santiago de Compostela que asinaron un manifesto o 25 de decembro de 1869, polo que foron denunciados. Xulgados na Audiencia provincial da Coruña, foron absoltos en abril de 1871.La Aurora de Galicia, 24-4-1871, p. 1. Foi nomeado vicepresidente primeiro da Xunta de Goberno Republicana de Santiago en febreiro de 1873. Foi elixido deputado polo distrito de Santiago de Compostela nas eleccións de 1873. Foi director farmacéutico do Gran Hospital de Santiago ata que a súa praza foi suprimida pola Deputación da Coruña. En 1881 abreu farmacia en Pontevedra.Gaceta de Galicia, 3-3-1881, p. 3. Puxo á venda a farmacia en 1884.Gaceta de Galicia, 25-4-1884, p. 3. Estableceuse na Estrada, onde finou o 10 de xaneiro de 1894.El Heraldo de Madrid, 18-1-1894, p. 3.El Eco de Galicia, 10-2-1894, p, 3.
Notas
Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1894