Johann II Bernoulli (tamén coñecido como Jean; nado o 18 de maio de 1710, Basilea, e finado o 17 de xullo de 1790, Basilea) foi o máis novo dos tres fillos do matemático suízo Johann Bernoulli.
Estudou Dereito e Matemáticas e, tras viaxar por Francia, foi durante cinco anos profesor de elocuencia na universidade da súa cidade natal. En 1736 foi galardoado co premio da Academia Francesa polos seus suxestivos estudos sobre o éter. Á morte do seu pai sucedeuno como profesor de matemáticas na Universidade de Basilea. Foi tres veces un exitoso competidor para os premios da Academia de Ciencias de París. Os seus temas para o premio foron o cabrestante, a propagación da luz e o imán. Gozou da amizade de P.L.M de Maupertuis, que morreu baixo o seu teito cando ía camiño de Berlín. El mesmo morreu en 1790. Os seus dous fillos, Johann e Jakob, son os últimos matemáticos destacados da familia Bernoulli. Notas
Véxase tamén
Outros artigos Familia Bernoulli.
Categoría:Finados en 1790 Categoría:Nados en 1710 Categoría:Matemáticos de Suíza Categoría:Nados en Basilea