Tomiño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2016 era de 13 548 habitantes (6813 homes e 6735 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é /tomiñesa.
Demografía Censo total (2021) 13 730 habitantes Menores de 15 anos 1 668 (12,15 %) Entre 15 e 64 anos 9 046 (65,88 %) Maiores de 64 anos 3 016 (21,97 %)
Xeografía Ten unha superficie de 106,6 km², e sitúase no antigo territorio de Turonio. A súa densidade de poboación é de 124,91 hab./km².
O municipio, limitado por montañas, forma parte do val do Miño e fai fronteira con Portugal. De forma natural, encóntrase enmarcado pola serra do Argallo ó oeste, que o separa do municipio do Rosal e de Oia; ó norte, a prolongación dos montes da Groba e do Galiñeiro, limítao dos municipios de Baiona e Gondomar; ó leste continúan os contrafortes desta serra, que vai perdendo altitude a medida que se vai acercando as terrazas fluviais do Miño, relevo que o separa do municipio de Tui; e ó sur, separado tamén polo río Miño, limita con Portugal.
O concello está conectado a través da estrada PO-552 (Tui - A Guarda) coa autoestrada do Atlántico.Como chegar? , na web do concello.
Clima O concello ten temperaturas medias suaves, con precipitacións abondosas (1 500 mm anuais) e veráns secos.
Eleccións municipais
Logo do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o alcalde Manuel Vicente Alonso. Foi condenado a morte, mais conmutóuselle a pena por cadea perpetua.
Desde o ano 2007 a alcaldesa do concello é Sandra González Álvarez, quen substituíu no cargo a José Luis Fernández Lorenzo (1983-2007).
Economía É salientábel a agricultura tradicional e de novos cultivos (flor e kiwi), pesca fluvial (lamprea e meixón).
Patrimonio Igrexa de Santa María de Tomiño (século XII). Igrexa de San Salvador de Tebra (século XII). Torres de Goián (século XVII).
Centros educativos IES Antón Alonso Ríos. CEIP Pintor Antonio Fernández. CEIP de Sobrada. CEP Pedro Caselles Beltrán. CRA Mestre Manuel Garcés. CEIP de Tebra. CEIP de Barrantes.
Deportes Tomiño Fútbol Club (fútbol)
Tomiño na cultura popular Na parroquia de Figueiró levántase o Santuario de San Campio de Lonxe (ou San Campio do Monte), ó que van as persoas que sospeitan padecer un mal de ollo. Para expulsar o meigallo deben ir, na romaría do santo, para dar nove voltas ó redor dos dous cruceiros que hai no adro da igrexa Antón Fraguas, 84.
Recoñecementos 2015: Xuíz Honorario do Couto Mixto.
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Tomiño Tomiño ten 134 lugares, agrupados en 15 parroquias. Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Tomiño vexa: Lugares de Tomiño.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía