DeepSeek (en chinés simplificado: 深度求索; pinyin: Shēndù qiúsuǒ) é unha empresa chinesa de intelixencia artificial que desenvolve modelos de linguaxe estendido de código aberto. A empresa está financiada exclusivamente polo fondo de investimento chinés High-Flyer. Tanto DeepSeek como High-Flyer teñen a súa sede en Hangzhou.

En xaneiro de 2025, a compañía gañou a atención internacional co lanzamento do seu último modelo, DeepSeek R1, un competidor de sistemas de chatbot como ChatGPT de OpenAI.

Historia En abril de 2023, High-Flyer, un fondo con sede en Hangzhou que utiliza un modelo de intelixencia artificial para transaccións financeiras (negociación de alta frecuencia), anunciou a través do seu fundador Liang Wenfeng que lanzaría unha empresa independente especializada en intelixencia artificial chamada DeepSeek, co fin de desenvolver e comercializar intelixencia artificial xerativa utilizando un modelo de linguaxe desenvolvido pola firma.

En novembro de 2023, DeepSeek lanzou o seu primeiro modelo, chamado DeepSeek Coder, especializado na xeración e comprensión de códigos fonte.

O 29 de novembro do mesmo ano, DeepSeek anunciou o lanzamento do seu primeiro bot conversacional mediante un modelo de linguaxe de grande escala chamado DeepSeek LLM, que constaba dun total de 67.000 millóns de parámetros, gratuíto e de código aberto.

O 7 de maio de 2024, DeepSeek lanzou DeepSeek V2, que nesta ocasión contiña un total de 236.000 millóns de parámetros e podía activar até 21.000 millóns de parámetros por cada token utilizado. Ao mes seguinte, lanzouse a segunda versión de DeepSeek Coder chamada DeepSeek Coder V26.

En decembro de 2024, DeepSeek lanzou DeepSeek V3, que substituíu a versión anterior e pretendía ser unha alternativa a outros modelos de idiomas dispoñibles en liña.

O 20 de xaneiro de 2025, a compañía anunciou o lanzamento do seu primeiro modelo de razoamento chamado Deepseek R1, utilizando unha cadea de razoamento mediante o desenvolvemento de pasos lóxicos sucesivos para as consultas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos ChatGPT Intelixencia artificial

Categoría:Empresas de IA Categoría:Empresas da China