Daisy Juliette Baker, nada en Nova York o 20 de outubro de 1882 e finada en Hollywood o 6 de marzo de 1965,Moitas fontes, incluíndo obituarios, dan incorrectamente o ano de nacemento de Dumont como 1889 ou 1890. foi unha actriz estadounidense de teatro e cinema, coñecida como Margaret Dumont. É especialmente recordada como o contrapunto cómico aos irmáns Marx en sete dos seus filmes; Groucho Marx dixo que ela era "practicamente o quinto irmán Marx".

Traxectoria Dumont naceu en Brooklyn, Nova York, filla de William e Harriet Anna (de solteira Harvey) Baker. A súa nai era profesora de música e animou a que a súa filla tivese unha carreira como cantante desde moi nova.

Dumont formouse como cantante de ópera e actriz na súa adolescencia, actuando en teatros dos Estados Unidos e Europa, primeiro co nome de Daisy Dumont e posteriormente como Margaret (ou Marguerite, tradución ao francés de Daisy) Dumont. Debutou no teatro con Sleeping Beauty and the Beast no Chestnut Theater de Philadelphia; en agosto de 1902, dous meses antes de facer vinte anos, apareceu como cantante e cómica nun vaudeville de Atlantic City. Descrita por un crítico como unha "beleza escultural", chamou a atención máis adiante polo seu talento vocal e cómico en The Girl Behind the Counter (1908), The Belle of Brittany (1909) e The Summer Widower (1910).

En 1910, casou co millonario herdeiro do azucre e industrial John Moller Jr e retirouse dos escenarios, aínda que tivo un pequeno papel sen acreditar como unha aristócrata nunha adaptación de 1917 de A Tale of Two Cities. O matrimonio non tivo fillos, e trala morte do seu marido na pandemia de gripe de 1918, Dumont volveu de mala gana a Broadway e axiña logrou unha gran reputación en comedias musicais. Dumont nunca volveu casar. A súa carreira teatral incluíu papeis en comedias musicais e obras como The Fan (1921), Go Easy, Mabel (1922), The Rise of Rosie O'Reilly (1923/24) e The Fourflusher (1925). En 1923 tivo un papel non acreditado no filme Enemies of Women.

En 1925, o produtor teatral Sam H. Harris recomendou a Dumont aos irmáns Marx e ao guionista George S. Kaufman para o papel da abafada rica viúva Mrs. Potter na produción teatral dos Marx de The Cocoanuts. No seu seguinte espectáculo, Animal Crackers, estreado en outubro de 1928, Dumont volveu ser contratada como Mrs. Rittenhouse, outra viúva rica da alta sociedade. Posteriormente apareceu cos Marx nas versións cinematográficas das dúas comedias. Nos filmes do Marx invariablemente interpretou viúvas ricas ás que Groucho alternativamente insultaba e facía as beiras polos seus cartos.

O seu papel como a hipocondríaca Mrs. Upjohn en A Day at the Races valeulle un premio á mellor actriz secundaria do Screen Actors Guild; a crítica cinematográfica Cecilia Ager suxeriu que había que erixir un monumento en honra da coraxe e firmeza de Dumont perante as travesuras do irmáns Marx. Groucho dixo unha vez que a causa da súa frecuente presenza nos seus filmes moita xente cría que estaban casados na vida real.

Dumont apareceu en total en 57 filmes. Tamén fixo algunha aparición na televisión, como unha personaxe convidade con Estelle Winwood en The Donna Reed Show no episodio "Miss Lovelace Comes to Tea" (1959). O seu derradeiro papel cinematográfico foi o de nai de Shirley MacLaine en What a Way to Go! (1964). O 26 de febreiro de 1965, oito días antes do seu pasamento apareceu no programa de televisión The Hollywood Palace, onde volveu reunirse con Groucho, o convidado desa semana. Interpretaron xuntos material da escena introdutoria de Animal Crackers, incluída a canción "Hooray for Captain Spaulding." O programa gravado emitiuse o 17 de abril dese ano.

Margaret Dumont faleceu dun ataque ao corazón o 6 de marzo de 1965. Foi incinerada e as súas cinzas foron enterradas na capela do crematorio Pines dos Ánxeles. Tiña 82 anos, aínda que algúns obituarios indicaban que a súa idade era de 75. En 2023 os seus restos foron trasladados da cripta non pública a un nicho accesible no columbario da capela.

Filmografía parcial

Enemies of Women (1923) The Cocoanuts (1929) como Mrs. Potter Animal Crackers (1930) como Mrs. Rittenhouse The Girl Habit (1931) como Blanche Ledyard Duck Soup (1933) como Mrs. Gloria Teasdale Fifteen Wives (1934) como Sybilla Crum Gridiron Flash (1934) como Mrs. Fields Kentucky Kernels (1934) como Mrs. Baxter Unha noite na ópera (1935) como Mrs. Claypool Anything Goes (1936) como Mrs. Wentworth Song and Dance Man (1936) como Mrs. Whitney A Day at the Races (1937) como Mrs. Emily Upjohn The Life of the Party (1937) como Mrs. Penner Youth on Parole (1937) como Mrs. Abernathy High Flyers (1937) como Martha Arlington Wise Girl (1938) como Mrs. Bell-Rivington Dramatic School (1937) como Pantomime teacher At the Circus (1939) como Mrs. Suzanna Dukesbury The Big Store (1941) como Martha Phelps For Beauty's Sake (1941) como Mrs. Franklin Evans Never Give a Sucker an Even Break (1941) como Mrs. Hemogloben Sing Your Worries Away (1942) como Landlady Flo Faulkner Born to Sing (1942) como Mrs. E.V. Lawson Rhythm Parade (1942) como Ophelia MacDougal The Dancing Masters (1943) como Louise Harlan Up in Arms (1944) como Mrs. Willoughby Seven Days Ashore (1944) como Mrs. Croxton-Lynch Bathing Beauty (1944) como Mrs. Allenwood The Horn Blows at Midnight (1945) como Mme. Traviata/Miss Rodholder Diamond Horseshoe (1945) como Mrs. Standish Sunset in El Dorado (1945) como Aunt Dolly/Aunt Arabella Little Giant (1946) como Mrs. Henrickson Susie Steps Out (1946) como Mrs. Starr Three for Bedroom "C" (1952) como Mrs. Agnes Hawthorne Stop, You're Killing Me (1952) como Mrs. Harriet Whitelaw Shake, Rattle & Rock! (1956) como Georgianna Fitzdingle Auntie Mame (1958) sen acreditar Zotz! (1962) como Persephone Updike What a Way to Go! (1964) como Mrs. Foster

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Chris Enss and Howard Kazanjian: Straight lady : the life and times of Margaret Dumont, "the fifth Marx Brother"; foreword by Vicki Lawrence, Guilford, Connecticut : Lyons Press, 2022,

Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1965 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Nova York